Skip to Content

Ciencia, tecnoloxía e moita diversión... Así foi a experiencia do noso alumnado na Semana STEM

O pasado mes de decembro de 2017 parte do noso alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de participar nunha actividade moi especial organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: a "semana STEM". O departamento de física e química fixo a solicitude para o centro no mes de setembro e en outubro recibimos a noticia de que o IES Arcebispo Xelmírez II resultara seleccionado para a súa participación con 25 alumnas e alumnos. O balance global da experiencia é moi positivo.

Mía, Andrea, Xiana, Roberto, Marco, Brais, Iván, Uxía, Laura, Noa, Alen, Iria, Antía, María, Lara, Yésica, Vanesa, Xana, Elena, Iván, Raúl, Andrés, Noelia, Naiara e Zaira chegaron a Mondariz o 3 de decembro e pasaron alí sete días inolvidables de moito traballo, pero tamén de moita diversión e de facer novas amizades, xa que compartiron a actividade con alumnado do CPI de Atios de Valdoviño.  

As siglas STEM significan ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas e precisamente con iso foi co que as nosas alumnas e os nosos alumnos aprenderon e gozaron nos días que pasaron de campamento. Nas imaxes podedes ver algúns dos momentos de traballo que estiveron centrados en cinco temáticas: ciencia e biotecnoloxía, electrónica e soldadura, deseño e impresión 3D, programación e robótica.

Boa parte dos materiais e dos produtos das súas investigacións e traballos tecnolóxicos volveron con eles a Santiago de Compostela. Xa de volta no centro, tiveron ocasión de amosarllos aos seus compañeiros doutros niveis educativos nunha exposición con obradoiro de plastilina condutiva que organizamos antes de Nadal. Precisemante unha árbore de Nadal das que se fixeron nese obradoiro estivo entre as imaxes seleccionadas para a felicitación oficial do centro. 

Máis información | CCEOU e Vermislab



story | by Dr. Radut