A experiencia do noso Club de ciencia na Revista Galega do Ensino (eduga)
"Buscando científicos baixo terra" é o título do artigo publicado no nº 74 da Revista Galega do Ensino (eduga), no apartado de innovación, no que se explica a experienca do noso centro, no pasado curso 2016/2017, coa creación do club de ciencia, ImAXIInacción, e a realización do proxecto de investigación de propiedades fisicoquímicas do solo, "Mira por onde pisas".
No artigo exponse de maneira informal o proceso seguido para poñer en marcha o club de ciencia no IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago), no marco do programa piloto da Consellería de Cultura, Educación e OU, así como a investigación levada a cabo no primeiro ano de funcionamento.
Ler o artigo completo en eduga
Máis información | ImAXIInacción