Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto. Prazos publicación listaxes.

Ao amparo do establecido no Artigo 19.2 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19, segundo o que “Os prazos para realizar os actos de xestión indicados nas letras anteriores poderá fixalos o centro, en función das súas necesidades, e deberá publicalos no seu taboleiro de anuncios e/ou páxina web, de forma que quede garantido que os representantes legais do alumnado os coñecen con antemán”, o IES Arcebispo Xelmírez II, por razóns sobrevidas a partires do 6 de xullo, data  indicada na Orde do 16 de maio “para gravar solicitudes e emendas” establece os seguintes prazos:

a) Para publicar as listaxes provisionais (ESO): o 12 de xullo.

b) Para gravar o resultado das reclamacións: o 18 de xullo.

c) Para publicar as listaxes definitivas de ESO (1º, 2º, 3º e 4º): o 14 de setembro.

AdxuntoTamaño
Fondo libros.pdf95.49 KB


story | by Dr. Radut