O noso equipo de dinamización lingüística premiado no concurso de fotos para #quesevexaogalego
Onte rematou o prazo de publicación de fotos en Twitter para participar no concurso #quesevexaogalego da CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
O noso equipo de dinamización lingüística, coa súa conta @Fala_X2 na que podedes ver todas as fotos, resultou premiado pola súa participación. En grande medida o éxito debémosllo ao alumnado de 1º ESO que foi a máis entusiasta aportando frases e fotos.
Graciñas e parabéns!