Skip to Content

Convocatoria extraordinaria de Bacharelato: Calendario de exames

Tal como establece a orde de calendario do curso 2022-2023, os exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato terán lugar os díias 19, 20 e 21 de xuño. O calendario de exames figura neste arquivo.

 

Visita dunha profesora de Hungría

Na traxectoria internacional que estamos seguindo no IES Arcebispo Xelmírez II, tivemos con nós na semana do 8 de maio a Judit Tábori, unha profesora húngara do Xantus János Ket Tanítási Nyelvu Gimnázium de Budapest, realizando unha estancia de aprendizaxe por observación. Judit mostrou un interese especial na lingua galega e a forma na que se enfocaba o ensino da mesma dentro do centro. Foi un pracer contar con ela e intercambiar ideas sobre os sistemas educativos galego e húngaro, buscando sinerxias e transferencias entre ambos.

Café con-Vite no Xelmírez II

O martes 23 de maio ás 16:30 no IES Arcebispo Xelmírez II terá lugar un novo con-Vite, iniciativa de Vite Arquiva, no que Alfredo Santomil, Felicia Estévez, Manuel Amor e Rosa Álvarez falarán da relación establecida entre o centro e o barrio de Vite, que naceron con pouco tempo de diferenza. Moderan o coloquio Brais Neira e Antía Brandariz, que no marco do STEMBach (Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía) realizaron o traballo de investigación  Estudo antropolóxico e histórico do papel do IES Arcebispo Xelmírez II nos cambios do barrio de Vite (1976-2000)", dirixido pola investigadora do Incipit Cristina Sánchez Carretero. 

O coloquio terá lugar no Salón de Actos do instituto. Esperámosvos.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

 

 Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023

Achégase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24. 

 Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio) 

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II)  dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou no centro, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.  Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.

Enquisa hora de ler para alumn@s

A Biblioteca do centro está elaborando unha enquisa da "Hora de ler"

Lanzamento da MARUMASAT V

Dentro do proxecto Marumasat, no que participa o IES Arcebispo Xelmírez II, este ano 2023 retomáronse as actividades ao máximo nivel: o 10 de maio lanzouse a V sonda estratosférica.

Viaxou ata Quiroga, e aquí tedes un avance do sucedido nesta inolvidable data.

 

 

Aquí está o enlace a un pequeno vídeo para abrir boca: https://1drv.ms/v/s!AhQmFdg3YAc8hLF9rvIukUZNsMbRPg?e=ZtB4dC.

 

Reclamacións á cualficacións finais: prazos e procedemento.

Coñecidas as cualificacións finais tras seren publicadas en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.

De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na oficina do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Xefatura Territorial.

Non se poderá recorrer á Xefatura Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.

Tanto na oficina como nesta páxina teñen as instancias para presentar reclamacións tanto ante o centro como ante a Xefatura Territorial.

Os prazos son os seguintes.

   2º Bacharelato 1º Bacharelato ESO
Avaliación ordinaria/final    Reclamación ante o centro 19 e 22 de maio 7 e 8 de xuño 26 e 27 de xuño
Reclamación ante a Xefatura Territorial 23 e 24 de maio 12 e 13 de xuño 29 e 30 de xuño
Avaliación extraordinaria Reclamación ante o centro 26 e 27 de xuño 26 e 27 de xuño  
Reclamación ante a Xefatur Territorial 29 e 30 de xuño 29 e 30 de xuño  

Bolsas "Jóvenes Talentos" Viaqua

Bolsa destinada a alumnado de 2º de BAC que queira facer estudios universitarios na CC.AA de Galicia, preferiblemente do perfíl STEAM. Requisito: media de BAC superior a 8.5

Información xeral. Enlace

Bases para solicitar as becas. Enlace

Formulario de solicitude

Documento de aceptación.

ABAU 2023. Instrucións de matrícula

Instrucións de matrícula

Para a matrícula nas probas de ABAU en realidade hai que realizar dous trámites:

1. Solicitar o título de Bacharel:

NOTA: Non facer o pago antes de recibir as notas de 2º de Bach

2. Prematrícula nas probas ABAU

                - presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, e hai que aportar no  centro o xustificante de pago.     

               - telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Instrucións Nerta

                     (Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)     

  • Documentación a aportar no centro para realizar a prematrícula:
    • Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
    • Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado.En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
    • Xustificante de pago de ABAU, -agás en caso de pagamento online-, por duplicado.
    • Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
    • Fotocopia do DNI
    • En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
    • En caso de Gratuidade: Documento acreditativo

 

PRAZO DE MATRÍCULA DO VENRES 19 AO LUNS 22 DE MAIO

Horario de atención no centro:

    • Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o venres 19 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 22 o alumnado restante. 
    •  O martes 23 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.

 ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES

As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.

PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU

É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.

Calendario de exames finais 2º de Bacharelato

Xuntamos calendario de exames finais para o alumnado de 2º de Bacharelato, a realizar desde o 9 ao 15 de maio.

Intercambio coa Escola João de Meira en Guimarães

Entre os dias 16  e 21 de abril um grupo de quinze alunas de 2º e 3ºESO visitaram a escola João de Meira em Guimarães acompanhadas pelas professoras Alexandra Recarey e Carme Saborido.
As nossas estudantes puderam vivenciar experiências únicas na "cidade berço": partilharam aulas e refeições na cantina com vimaranenses do 8º ano da escola, passaram uns dias na Pousada da Juventude de Guimarães e ainda deram um pulinho até ao Porto. 
As atividades que a escola João de Meira programou foram muito ricas e variadas, até incluíram um paddy paper comandado pelos próprios alunos de lá. 
Além de ser uma experiência muito enriquecedora para as duas partes, as nossas alunas tiveram a oportunidade de interagir com alunado português e compreender as vantagens que a lusofonia oferece para quem é da Galiza.

 

Este intercâmbio permitiu uma melhor compreensão da cultura e dos costumes portugueses, ao mesmo tempo que fortaleceu relações entre as duas escolas. Bem haja para este projeto!
Guimaraes

Obradoiro de "crêpes".

O venres 14 de abril, tivemos a sorte de pasar toda a mañá con Jérémie. Veu ao noso centro coa súa incrible food truck "La Marinière". Ademais de falarnos de Bretaña e dos puntos en común con Galicia tamén nos preparou unhas "crêpes" estupendas.  Os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO actuaron facendo de vendedores/as, clientes pero tamén de cociñeiros/as e todo en francés, por suposto. Foi unha actividade moi entretida. Todo un éxito! O próximo ano repetiremos.


Fotos da actividade

Intercambio co alumnado do "Lycée Gabriel Fauré” de Annecy- marzo 2023

A mistura de nervios, ilusión e ganas de sumar experiencias fíxonos vivir un intercambio que nos levaremos para sempre. Sete días de convivencia nunha nova cidade, nunha nova familia, nun novo instituto e cuns novos compañeiros e compañeiras dos que gardaremos un cachiño no noso corazón.

Sete días de moitas clases diferentes, de francés, español ou economía, de camiñar polos Alpes por primeira vez, de tartiflette, de raclette, de crêpes e queixo, moito moito queixo. De caídas patinando e pelexas na neve, de abrazos e cancións, de buscar calquera excusa para arrincar a cantar cun par de culleres… Sete días de convivencia durante os que, persoas descoñecidas para nós, convertéronse en amigos e amigas.

Comeza a conta atrás para acollervos!

Ver máis fotos

Visita de dúas profesoras de Eslovaquia

A semana do 13 ao 17 de marzo recibimos no centro a visita de dúas profesoras de Eslovaquia, da Základná škola s materskou školou, en Hriňová, dentro do programa Erasmus+. Estiveron coñecendo o IES Arcebispo Xelmírez II, así como Santiago de Compostela e Galicia. Foron xornadas de intercambio de experiencias, con asistencia a clases e reunións co equipo directivo e o profesorado do centro.

Atención ao público en Semana Santa

Do luns 3 ao mércores 5 a oficina do centro atenderá urxencias , no teléfono 604031798, de 10 a 13 horas.

O luns 10 o horario da oficina será de 10:00 a 13:30 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut