Instrucións de matrícula
Para a matrícula nas probas de ABAU en realidade hai que realizar dous trámites:
1. Solicitar o título de Bacharel:
2. Prematrícula nas probas ABAU
- presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, e hai que aportar o xustificante de pago.
- telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no correo electrónico e activar a conta na aplicación.
- Documentación a aportar para realizar a prematrícula:
- Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto
- Xustificantes de pago das taxas (de ABAU -agás en caso de pagamento online- e do título), cada un por duplicado. En caso de pagamento online das taxas do título, os xustificantes xerados no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, os documentos selados pola entidade bancaria.
- Impreso de matrícula ABAU cuberto
- Fotocopia do DNI
- En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
PRAZO DE MATRÍCULA DO XOVES 19 AO LUNS 23 DE MAIO
Horario de atención no centro:
- Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 10:30 a 14. Preferentemente, o xoves 19 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra L (incluída), e o venres 20 o alumnado restante.
O martes 24 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula en NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.
ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES
As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.
PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU
É importante ler con atención o protocolo que rexirá a realización das probas.