Blogues

Visita do Alumnado de Edificación e Obra Civil ao CIFP SOMESO

ALUMNADO DE CS PROXECTOS EDIFICACIÓN - CS PROXECTOS OBRA CIVIL VISITOU O MÓDULO BIOCLIMÁTICO "A VIEIRA" NO CIFP SOMESO (A Coruña)

O pasado 16 de febreiro o alumnado dos ciclos superiores de Edificación e Obra Civil participou nunha actividade do Contrato - Programa Innova organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil xunto co Departamento de FOL co obxeto de coñecer a bioconstrución como unha alternativa sostible. 

No CIFP SOMESO (A Coruña) visitamos o Módulo Bioclimático Experimental  "A Vieira" e participamos nunha charla impartida por soci@s fundadores da cooperativa Habitat Social o que nos permitiu coñecer unha experiencia cooperativa que constrúe baixo os criterios de sustentabilidade. 

VISITA AS INSTALACIÓNS DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS (AXEGA)

O alumnado do CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS visitou o pasado xoves 16 de marzo as instalacións da Axencias Galega de Emergencias ubicadas en A Estrada acompañados do seu titor Juan Pablo Gómez Torres e da profesora do módulo de Emerxencias, Isabel Rodríguez Pérez. Esta visita permitiunos coñecer de primera man a importante labor tanto do Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE -112) como do Grupo de Apoio Loxístico Intervención agradecendo a súa colaboración co noso centro. 

EXPECTATIVA E REALIDADE DA REFORMA LABORAL

O venres, 17 de marzo, estará no Politécnico  Javier de Cominges Cáceres, falaranos da Reforma Laboral e os seus efectos. Por descontado MOI

INTERESANTE.

 

ALUMNADO DE CICLOS PARTICIPA NO II "FORO TALENTO Y EMPLEO"

Durante os días 7, 8 y 9 de febreiro, o noso alumnado de FP básica, Ciclos de grao medio e superior participaron nos diferentes obradoiros e

charlas organizadas polo II "Foro Talento y Empleo" no Auditorio Mar de Vigo co fin de mellorar a súas habilidades na procura activa do emprego e no

emprendemento. 

Visita as instalacións de Plastic Omniun do 2º curso do Ciclo de Prevención de Riscos Profesionais

Este mes de febreiro tivemos a ocasión de visitar as instalacións de Plastic Omnium en Redondela co alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais para achegarnos ás tarefas que se desenvolven na área de seguridade, saúde e medio ambiente da man do seu responsable Alejandro Outeiral Costas ao que lle agradecemos a súa dedicación.

O alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos visita as instalacións do Instituto de Seguridade e Saúde laboral Galego

Agradecer ao Instituto Galego de Seguridade e saúde laboral a atención prestada ao noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos no percorrido polas súas instalacións.

 

VISITA Á UNIVERSIDADE DE VIGO

O pasado venres 2 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias visitou as facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar así como as Escolas de Enxeñería Industial, Minas e Telecomunicacións.

IMG-1025Minas.jpg

Resultado das eleccións ao consello escolar celebradas o día 24 de novembro de 2022

O resultado das eleccións foi o seguinte:

Punto Laranxa contra o acoso escolar