Lexislación

Lexislación de interese para o profesorado

Parámetros de Ponderación da fase específica PAU 2013

O Dirario Oficial de Galicia do luns 15 de abril publica a orde pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias no curso 2013/2014.

Probas de Acceso a ciclos formativos para o ano 2013

O Diario Oficial de Galicia do luns 21 de xaneiro publica a orde de convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para o ano 2013.

Convocatoria de Axudas para fomento do uso do galego

No DOG do luns 14 de xaneiro publicase a Orde pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia para o curso escolar 2012/2013.

Decreto 254/2012 sobre admisión de alumnado

No Diario Oficial de Galicia do 26 de decembro publicouse o Decreto 254/2012 polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Convocatoria do Concurso de traslados

No Diario Oficial de Galicia do luns 29 de outubro publicouse a Orde pola que se convoca Concurso de traslados entre persoal funcionario docente de diversos corpos ao servizo da Administración educativa. Ver Bases da convocatoria.

Modificación estrutura orgánica da Consellería de Educación

No Diario Oficial de Galicia do venres 14 de setembro publicase o Decreto 179/2012 no que se modifica a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Dentro deste plan incluense una serie de programas que poderán ser desenvolvidos nos centros e cuios destinatarios principais son o alumnado e o profesorado.  Mais información no DOG de 31 de Agosto e na páxina web da Consellería de Educación.

Licenzas por formacion do profesorado curso 2012/2013

O Diario Oficial de Galicia do 6 de xullo publica a orde pola que se convocan licenzas por formación para docentes non universitarios correspondetes ao curso 2012/2013. Consulta aquí as bases para a concesión.

Modificación xornada de traballo do profesorado

O Diario Oficial de Galicia do mércores 13 de xuño publica a orde pola que se modifica a xornada de traballo do persoal docente. Para acceder a Orde preme aquí.

Contratos-programa

O Diario Oficial de Galicia do 7 de xuño publica a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional de Innovación educativa, pola que se regulan con carácter experimental, os contratos-programa e se establecen as condicións para desenvolver nos centros educativos programas para a mellora do éxito escolar do alumnado durante o curso escolar 2012-2013.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para o curso 2012/2013

O Diario Oficial de Galicia do 7 de maio publica a convoctaria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2012/2013.

Proxectos de fomento do uso do galego

ORDE do 20 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2011-2012.

Estrutura da Consellería de Educación

DECRETO 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Probas de acceso a ciclos formativos

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2012.

Atención á diversidade

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Distribuir contido