Secretaría

Admisión alumnado curso 2020-2021

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso informámoslles que todo o alumnado que solicitou praza no IES Manuel García Barros está admitido para o curso 2020-2021.

A matrícula para o alumnado que supere todas a materias en xuño formalizárase nos primeiros días do mes de xullo. Nas próximas semanas publicaremos instrucións máis detalladas.

Recordámoslles que está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo de Libros e Axudas de material, máis información nesta ligazón.

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2020-2021

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.

O prazo de solicitude será do 20 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive).

Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, estableceránse quendas por cursos e a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:

Datas

Curso no que o alumnado se matriculará no 2020/2021

20 ao 25 de maio

1º ESO

26 de maio ao 1 de xuño

2º ESO

2 ao 8 xuño

3º ESO

9 ao 15 de xuño

4º ESO

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requerida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación requerida.

(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)

Para máis información:

Restablecemento do proceso de admisión para o alumnado procedente doutros centros

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Púlbiass e Xustiza (DOG num. 86, do 6 de maio), no ámbito educativo, establece os seguintes acordos:

  • Retablecer o procedemento de admisión de alumnado:
    • Prazo de presentación de solicitudes do 11 ao 18 de maio. O procedemento se pode realizar de xeito telemático na aplicación admisionalumnado (recomendable), ou presentar a solicitude no propio centro (anexo II cuberto, xunto cunha fotocopia do DNI do/a alumno/a).
    • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitidos antes do 9 de xuño de 2020. Con 3 día hábiles para formular reclamacións.
    • Publicación das listaxes defintivas do alumnado admitidos e non admitidos antes do 26 de xuño de 2020.
  • Apertura dos centros educativos:
    • Dende o luns, 11 de maio, o instituto estará aberto de 9:00h a 14:00h.
    • Recordamos que os deprazamentos ao centro educativo só se deben realizar para os trámites estrictamente necesarios, e no caso de acceder ao interior rogamos empreguen mascarilla e sigan as instruccións que se establezan na entrada do mesmo.
    • As consultas serán atendidas no teléfono do centro (986590104) no horario de apertura o no correo electrónico ies.garcia.barros@edu.xunta.es

OLLO!!!

O ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO OU O ALUMNADO DO PÉREZ VIONDI NON TEN QUE SOLICITAR PRAZA.

Novas instrucións da Consellería (venres 13) e ampliación do prazo para solicitar praza no centro.

A Consellería vén de publicar na súa web un novo documento respecto das medidas a adoptar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo.

OLLO: A CONSELLERÍA AMPLÍA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS CENTROS (ver NOVAS INSTRUCIÓNS)

Seguiremos empregando a web do centro para informar puntualmente a toda a Comunidade Educativa.

Buscaremos o xeito de que o alumnado non saia prexudicado mentres non se supera esta complicada situación.

O equipo directivo.

Fondo Solidario de Libros - Curso 2019-2020

Nesta ligazón pódese consultar a listaxe definitiva dos beneficiarios do Fondo Solidario de Libros da ESO para o curso 2019-2020.

O martes 17 repartiranse, polas clases, os documentos que deben asinar as familias para proceder á entrega de libros e se lle darán instruccións ao alumnado sobre cómo se realizará o reparto de libros.

Horario de verán

Durante o mes de agosto o centro permanecerá aberto de luns a mércores entre 10 e 12 horas. Fóra de ese horario, podedes contactar con nós no seguinte enderezo electrónico: ies.garcia.barros@edu.xunta.es ou no teléfono do centro (soamente xoves e venres no mesmo horario).

Bo verán!

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2019-2020

Presentación de reclamacións á resolución provisional do 12 ao 16 de xullo.

Do 15 ao 19 de xullo,  de 10 a 13 h., os pais/nais ou titores/as  do alumnado, que xa está matriculado, con dereito a cheque de material, pode pasar a recollelo pola secretaría do centro. Se non poden recollelo neses días poderán pasar a recollelo a partir do 2 de setembro.

O alumnado con materias pendentes e que lle corresponda o vale de material terán que recollelo en setembro, (os pais/nais ou titores/as), despois de matricularse e nos días que se fixarán posteriormente.

Libros de texto para o curso 2019-2020

Lista de libros de texto para o curso 2019-2020

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2019-2020

O pasado 3 de maio a Consellería convocou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.

Consultar a carta informativa enviada ás familias e o resumo coas datas importantes.

Máis información no apartado Familias -> Libros de texto

Campaña de distribución de froita fresca

Durante as dúas próximas semanas, do 20 ao 31 de maio, se repartirár froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.

Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

campaña-froita2.thumbnail.png

Premios extrardinarios de Bacharelato do curso 2018/19

O alumnado que teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos  poderá concurrir as probas para acadar un dos 20 premios extraodinarios de bacharelato convocados pola Consellería de Educación e cunha dotación de 1000 Euros cada un.

O prazo para matricularse nestes premios finalizará o 28 de maio de 2019.

A matrícula (non se pode facer no centro) farase preferentemente de forma electrónica ou en papel nun rexistro público oficial.

O enlace que figura ao final desta nova da acceso a publicación no DOG da convocatoria.

ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

Reclamacións ás cualificacións para o alumnado de 2º de bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato poderá reclamar, de xeito fundamentado, as cualificacións obtidas tanto na convocatoria ordinaria (maio) como extraordinaria (xuño). Para o caso da convocatoria extraordinaria, as datas oficiais de reclamación no centro non poden cumprirse polos festivos locais (26 e 27 de xuño). Inspección Educativa autorizou novas datas, os días 25 e 28 de xuño. O alumnado levará cos boletíns de notas unha circular explicativa, que tamén podedes consultar aquí.

Circular explicativa.

Normativa xeral.

Títulos de ESO e Bacharelato

O alumnado que rematou os estudos neste centro no curso académico 2016/2017 ou anteriores pode pasar pola SECRETARÍA do centro  a recoller os títulos da ESO ou BACHARELATO que lle correspondan.

Vacacións de Nadal 2018

Dende o MGB queremos desexar a toda a Comunidade Educativa un Bo Nadal. O centro permanecerá aberto, agás os días 24 e 31, dende as 10 ás12 horas.

Fondo Solidario de Libros e Vales de Material. Curso 2018/19.

Vales de Material: nesta ligazón pódese consultar a relación de Vales de Material concedidos. Recordamos que estes vales están vinculados á matricula, polo que todo o alumnado que teña materias pendentes para setembros non os poderá recoller ata ter formalizada a matricula.

Fondo Solidario de Libros: nesta ligazón pódese consultar a listaxe provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2018/2019.

Máis información no apartado Familias -> Libros de texto.

Distribuir contido