Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2019-2020

Presentación de reclamacións á resolución provisional do 12 ao 16 de xullo.

Do 15 ao 19 de xullo,  de 10 a 13 h., os pais/nais ou titores/as  do alumnado, que xa está matriculado, con dereito a cheque de material, pode pasar a recollelo pola secretaría do centro. Se non poden recollelo neses días poderán pasar a recollelo a partir do 2 de setembro.

O alumnado con materias pendentes e que lle corresponda o vale de material terán que recollelo en setembro, (os pais/nais ou titores/as), despois de matricularse e nos días que se fixarán posteriormente.