VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL

Debido o mal tempo suspéndese a visita do día 20 de decembro do 2007 ás cubertas da catedral que ían facer alumnos de Arte de 2º Bacharelato B

CONFERENCIA "COMERCIO XUSTO"

O mércores 19 de decembro haberá unha conferencia do "Comercio Xusto" para os alumnos de 3º ESO de Taller de Emprendedores e os alumnos de 4º ESO.A conferencia será ás 13:35 horas na aula de Usos Múltiples

VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL

O vindeiro xoves 20 de decembro os alumnos de Historia da Arte de 2º Bacharelato irán as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela. Sairán as 9:10 horas da estación de Autobuses e voltarán ás 14:25 horas

SEMANA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

Con tal motivo vaise celebrar no MGB, dende o luns ata o xoves, unha exposición e venda de produtos procedentes do comercio xusto, como chocolates, azucre, galletas, café, etc, atendida por alumnos de 4º da ESO. Para o mércores hai prevista unha conferencia impartida polo cooperante Carlos Sánchez. E detrás das bambolinas, a nosa "emérita" Charo Bellot.

CONSTITÚESE O OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA

O pasado martes 12 de decembro de 2007 quedou constituído o Observatorio de Convivencia do MGB.

CONCURSO TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO

No BOE do martes 11 de decembro de 2007, convócase o concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino no ámbito do ensino secundario para o curso 2007-2008.

Feira ("rastrillo") de Nadal

O vindeiro venres 21, farase unha feira a xeito de "rastrillo" co obxecto de recaudar fondos para o alumnado de 4º da ESO que organiza a excursión a Mallorca. Prégase a colaboración de todos, xa sexa aportando altruistamente calquera obxecto que non use ao "rastrillo" ou ben mercando os que outros compañeiros traian.

7/12/2007 CD RECOPILATORIO CON GRUPOS DA ESTRADA

A asociación Ken Keirades e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de A Estrada están traballando na edición dun CD que recolla os grupos da estrada. Os fondos recaudados coa venta do disco destinaranse á organización da próxima edición do festival En Pé Na Estrada. O concello anunciou tamén a creación dun censo no que se pode pasar a inscribir calquer grupo e que servira para colaboracións futuras.

CONSELLO ESCOLAR 11/12/2007

O vindeiro martes 11 de decembro ás 18:15 horas celebrarase unha reunión EXTRAORDINARIA do Consello Escolar do MGB. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

NOTA INFORMATIVA "DOS MIL AÑOS POR CORREO"

Hoxe foille entregada aos pais unha nota informativa coa información das actividades que se levaran a cabo no marco do proxecto "DOS MIL AÑOS POR CORREO". Preme aquí para descargala.

DÍA MUNDIAL DA SIDA

Con motivo da celebración do Día Mundial da Sida que se celebra o día 1 de decembro, repartiránse aos alumnos uns folletos de información divulgativa e pegatinas enviadas pola Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública.

REUNIÓN DE DELEGADOS

A vicedirectora convoca a todos os delegados a unha reunión que terá lugar na aula de Usos Múltiples o vindeiro luns 3 de decembro no 1º recreo

DEPORTE NA ESCOLA

O vindeiro mércores 5 de decembro, os alumnos de 1º ESO e 2º ESO participarán na xornada do Deporte na Escola. Sairán do centro ás 10:25 horas.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO

O vindeiro martes 18 de decembro os alumnos de 3º ESO A e B, irán a Coruña a visitar a exposición de Picasso na Fundación Barrie de la Maza e participarán nos talleres didácticos. Sairán do centro as 9:00 horas e regresarán as 18:30 aproximadamente.

Logo Biblioteca

O logotipo da biblioteca MGB é unha invitación a “engancharse” á lectura. Representa a afección aos libros e o pracer que estes aportan a quen os le. Foi creado por Óscar Pintor Gil, alumno de 4º de ESO, gañador do concurso promovido desde a Biblioteca en colaboración con Xoán Xosé Pérez Viéitez, profesor de Educación Plástica e Visual.

Logo_biblio_mini
Distribuir contido