A alumna Rocío Mato Búa na prensa

A prensa fíxose eco do éxito acadado pola alumna Rocío Mato Búa logo de conseguir estar entre os 20 mellores expedientes académicos galegos da ESO:

NORABOA POLO SEU ÉXITO E ESFORZO!!

Consello Escolar

O Consello Escolar reúnese en sesión ordinaria o martes 9 de febreiro de 2010, ás 18:15 horas.

Alumnado do MGB na Olimpíada Española de Física

O vindeiro 19 de febreiro os alumnos Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López de 2º de BAC-A, participarán na Olimpíada Española de Física na súa fase local na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Desexémoslle moito ánimo e sorte!!
 

Exposición fotográfica na Estrada: "Arqueoloxía en clave de xénero"

A sala de exposicións de Caixanova na Estrada acollerá do día 3 ao 21 de febreiro a exposición fotográfica Arqueoloxía en clave de xénero, organizada pola Fundación Atapuerca en colaboración coas concellarías estradenses de Cultura e Igualdade.

Máis información neste artigo da Voz de Galicia.

O Concello concede unha axuda económica para Dairas

Trala entrevista mantida o pasado mércores 27 de xaneiro polos responsables do Taller de Creación Artística do MGB e a dirección do Centro, o Concello da Estrada vén de conceder unha axuda económica que se traducirá en clases de formación sobre animación stop motion para os membros que integran o equipo de Dairas, impartidas pola productora Mr. Misto films.

Charla informativa ao alumnado de 2º de Bacharelato o vindeiro mércores 3 de febreiro

Dentro do programa "A Ponte" da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o vindeiro mércores 3 de febreiro celebrarase a 5ª e 6ª hora da mañá en usos múltiples unha charla informativa sobre os cambios máis destacables nas novas Probas de Acceso á Universidade (PAU). Dita charla está dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato e correrá a cargo dun profesor da USC.
Como adianto das novidades que depararán as novas PAU recoméndase ao alumnado a lectura do seguinte documento correspondente a un resumo da Orde que regula ditas probas.

O MGB no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010

Case 50 alumnos (15 equipos) do García Barros están inscritos para participar, a vindeira semana, no Concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, organizado pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, SEECGalicia.

O certame consiste nunha serie de preguntas que os equipos, de ata 3 membros, deberán responder directamente dende a web do concurso o luns, martes, mércores e xoves próximos. Participan nel case 50 centros de toda Galicia, cuns 700 alumnos en total. Os gañadores en Galicia competirán co equipo gañador da Comunidade Valenciana, nunha segunda fase a nivel Estatal. 

Os nosos alumnos estarán dirixidos polos profesores Esther Barroso e Álvaro P. Vilariño. dende os  departamentos de Latín e Grego. Moita sorte a todos!

logo_odisea copia.jpg

Rocío Mato, Premio ao Rendemento Académico 2008/09

Rocío Mato Búa, alumna de 1º de Bachillerato A do noso centro obtivo, xa oficialmente, o Premio Extraordinario de Ensinanza Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico no curso  2008-2009 cunha calificación final de 43,6 puntos.
Hai 20 premios en toda a Comunidade para os que se presentaron un total de 333 alumnos aproximadamente.
375px-Laurel_wreath.svg.png

Consello Escolar

Convócase ao Consello Escolar, en reunión extraordinaria, para o xoves 28 de xaneiro de 2010.

Seguimento da folga do xoves 21 no MGB

No día de onte, xoves 21, o 75% do profesorado do noso instituto secundou a folga convocada  pola plataforma "Queremos Galego" e diversos sindicatos.

Representación teatral para o alumnado de Francés

O martes 26 de xaneiro, o alumnado que cursa francés nos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BAC, acoderá á representación teatral da obra de Moliere: "Le medicin malgré lui" no Colexio LaSalle de Santiago de Compostela. Ás dúas últimas horas da mañá terán clase normal.

Visita á Catedral de Santiago e á factoría FINSA

O vindeiro luns 25 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa as materias de Arte e Xeografía e Historia de Galicia realizará pola mañá as seguintes visitas:

Pola súa banda, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I (1º BAC A) realizará unha visita guiada ás instalacións da factoría madeireira FINSA.

Charla didáctica sobre animación "Stop motion"

O pasado mércores recibimos a visita de Jose Miguel, do departamento de Formación da Productora Mr. Misto Films.

Grazas as súas explicacións, os integrantes do Proxecto "Dairas", a curta de animación que prepara o Taller de Creación Artística do MGB, puidemos adentrarnos nos segredos da técnica de animación coñecida como stop motion, e visualizar algúns dos vídeos dos pioneiros do xénero, como Ray Harryhausen.

 

Misa de funeral por Beatriz Martínez Millarengo

Poñemos en coñecemento de toda a comunidade educativa a celebración dunha misa de funeral, o próximo sábado 16 de xaneiro, ás sete e media da tarde, na igrexa parroquial de A Estrada, por Beatriz Martínez Millarengo, que foi profesora do centro de Ed. Primaria Pérez Viondi e do Instituto Manuel García Barros.

Convocatoria probas de acceso a Ciclos Formativos de F. P.

Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Distribuir contido