Observatorio de convivencia

O vindeiro martes 9 de marzo, a continuación da reunión do Consello Escolar, terá lugar a sesión correspondente ao 2º trimestre do curso do Observatorio de Convivencia do Centro.

Consello Escolar

O vindeiro martes 9 de marzo, ás 18:15 horas, terá lugar unha reunión ordinaria do Consello escolar do centro.

"Dairas" en EstradaTelevisión

Emisión do xoves 25 de febreiro de 2010 en EstradaTelevisión.

 

Corrección erros inmersión lingüística

Corrección de erros na Orde que regula a inmersión lingüística.

Oferta de E. P. persoal docente

Decreto polo que se regula a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

Rolda de prensa de "Dairas"

Onte xoves día 25 de febreiro, na sala de Xuntas do Concello da Estrada, tivo lugar unha rolda de prensa para dar a coñecer os avances no traballo que está a levar a cabo o equipo de "Dairas", a curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do MGB.

Hoxe saen na prensa varios artigos. Podes lelos dende aquí:

Axudas Aulas da Natureza

Orde pola que se convocan axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2010.

En trámite a solicitude da modalidade de Bacharelato de Artes para o MGB

Como xeito de poder dar unha oferta formativa aínda máis completa ao alumnado estradense, e mesma da comarca, estanse realizando os trámites pertinentes perante a administración educativa para que o vindeiro curso se poida ofertar no noso Centro a modalidade de Bacharelato de Artes, polo que pasariamos a ser un dos poucos centros da provincia de Pontevedra que ofreza ao seus alumnos a posibilidade de estudar calquera das tres modalidades de Bacharelato vixentes na actualidade: Científico-Tecnolóxico, Humanidades e Artes. Esperando que a Consellería teña a ben estimar esta solicitude a prensa xa se fixo eco desta iniciativa.

Claustro ordinario

O vindeiro mércores 3 de marzo, ás 16:30 horas, o Claustro de profesores reunirase en sesión ordinaria.

Avaliacións 2º Bacharelato

As sesións da 2ª avaliación de 2º de bacharelato para este curso 2009-2010 terán lugar o próximo xoves 4 de marzo, a partires das 16:30 horas.

Programa da Viaxe a Roma MGB 2010

Xa está listo o programa da viaxe a Roma 2010 organizada polos Departamentos de Latín e Xeografía e Historia. Podes descargalo premendo na ligazón.

Reunión da Comisión Pedagóxica

Hoxe mércores 24, ás 16:30h. terá lugar unha reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Alumnos do MGB na Masterclass Europea de Física

Os alumnos de 2º de Bacharelato do noso centro: Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López participarán o venres 26 de febreiro na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.
Para saber máis, premer no link:
http://fpaxp1.usc.es/~masterclass/index.html

Nace unha nova web do MGB: VRBS ROMA 2010

Dende os Departamentos de Latín e Xeografía e Historia, e coordinada polos profesores Esther Sánchez e Álvaro P. Vilariño, nace esta nova web do MGB, na que imos traballar para preparar a nosa viaxe a Roma no vindeiro mes de abril de 2010.
Intentaremos facer unha completa guía da nosa viaxe, con tódalas novas relacionadas coa mesma, así como unha descrición pormenorizada de tódolos monumentos, museos e sitios de Roma que visitaremos. 
web_vrbs_roma_mgb_2010.png

Jazz na Estrada este venres

O grupo de jazz funky estradense Carlos Barruso dará este venres un concerto na Estrada que será o debut público da súa formación actual. Será o venres 26 pola noite na cafetería Nicol´s. Alí estará o profesor do MGB Miguel Carbajal (guitarra), e o pai de Álex Cabal "Tato", alumno de 2º de bacharelato (baixo). Máis información neste artigo da Voz de Galicia e máis neste.
quinteto_carlos_barruso_2010_red.jpg
Distribuir contido