Avaliacións iniciais

As avaliacións iniciais da Eso tiveron lugar por cursos os días 7, 14 e 21 de outubro.

Reunión Dirección Titores Familia

As reunións da dirección, os titores e as familias dos alumnos da Eso e Bacharelato tiveron lugar por cursos os días 7, 14 e 21 de outubro.

24 de outubro, Día da Biblioteca. Comeza o préstamo de libros no MGB.

O 24 de outubro foi o Día da biblioteca. O luns 26 a biblioteca do MGB invítate a que a coñezas.

Ven, entra, proba, e disfruta. Ademais, xa podes levar libros e documentos en préstamo!

Imaxe Xosé Cobas.

diabiblioteca.jpg

Premios extraordinarios ESO

Orde de 19 de outubro de 2009 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2008-2009.

Dairas, novo proxecto do Taller de Creación Artística do MGB

Onte presentouse á prensa o novo proxecto do Taller de Expresión artística do MGB, "Dairas", unha curtametraxe de animación sobre a vida nos campamentos de refuxiados saharauis. Neste novo proxecto están implicados os profesores Miguel Carbajal, Xoán Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño. Con eles traballarán uns 20 alumnos e alumnos de ESO e Bacharelato.

Podedes ler as reseñas completas aparecidas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

Imaxe: Campamentos de refuxiados saharahuis, Tinduf, Arxelia, 2006. Fotografía de Santiago Berges

3833378527_c4e36f66d0.jpg

Calendario de exames de pendentes

No seguinte enlace tedes o calendario de exames de pendentes. A maiores destas datas previstas, os exames finais serán na primeira ou segunda semana de maio. Para calquera dúbida, falade cos Xefes de Departamento das diferentes materias. Enlace.

Avaliación de diagnóstico

Seguindo instruccións das autoridades educativas, este mércores, 21 de outubro, terá lugar a avaliación diagnóstica para o alumnado que cursou 2º da ESO durante o pasado curso 2008-2009. As probas, relativas ás competencias lingüística e matemática, terán lugar entre as 10 e as 14:25 horas. Os resultados, meramente estatísticos (non se farán valoracións individuais, dado que as probas son anónimas) serán dados a coñecer a través dos órganos colexiados do Centro a partir de novembro.

Claustro, Consello e Comisión Pedagóxica

O xoves 22 de outubro haberá un Claustro extraordinario ás 10:25, un Consello Escolar extraordinario ás 12:25, e a reunión da Comisión Pedagóxica ás 16:30.

Claustro extraordinario

O luns, 19 de outubro de 2009, terá lugar un Claustro Extraordinario, ás 12:25 horas.

Representación Teatral na Estrada: "Comedia Bífida"

O xoves 15 de outubro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato acudirá á representación teatral “Comedia Bífida” de Manuel Núñez Singala, pola compañía Bicodobrelo Teatro, que terá lugar no Teatro Principal da Estrada.

cartel_comedia_bifida.jpg

1ª reunión da Escola/Campionato de Xadrez no MGB

O martes 13 de outubro no primeiro recreo terá lugar en usos múltiples a primeira reunión da Escola/Campionato de Xadrez no MGB. Na citada reunión informarase de como se vai a desenvolver a actividade ao longo do curso. Para participar non é indispensable saber xogar xa que haberá unha parte de aprendizaxe/adestramento e outra de competición.
xadrez5.jpg

Asemblea xeral da ANPA: martes 6 de outubro

O martes 6 de outubro terá lugar a asemblea xeral da ANPA do MGB de principio de curso. Será ás 8:00 h. en 1ª convocatoria e ás 8:15 h. en 2ª.
A orde do día será informar sobre:

  • Supresión do profesor de Audición e Linguaxe
  • Renovación do equipo directivo da ANPA
  • Horario da Escola de Familia
  • Reunión cun dos inspectores de transportes da Consellería de Educación, o mércores día 7. Desprázase ata A Estrada para falar con todos nós.

Educación non concede o profesor de Audición e Linguaxe

Pese as peticións feitas dende o Departamento de Orientación, o Claustro de profesores e a ANPA do MGB, a Delegación de Educación non concedeu a praza de profesor especialista en Audición e Linguaxe. Podes ler a crónica de todo o sucedido aquí.

Reunións de pais e nais con Titores e E. Directivo

A partires do vindeiro mércores 7 de outubro, terán lugar as avaliacións iniciais da ESO, así como as reunións dos pais e nais cos titores de cada grupo. As devanditas reunións terán lugar na aula de Usos Múltiples, segundo o seguinte calendario:

MÉRCORES 7 DE OUTUBRO

20:30 HORAS, 1º ESO

MÉRCORES 14 DE OUTUBRO

18:30 HORAS, 2º ESO

19:30 HORAS, 3º ESO

20:30 HORAS, 1º BACHARELATO

MÉRCORES 21 DE OUTUBRO

18:30 HORAS, 4º ESO

19:30 HORAS, 2º BACHARELATO

Consello escolar

Convócase Consello Escolar extraordinario para o vindeiro xoves 24 de setembro de 2009.

Distribuir contido