MASTERCLASS DE FÍSICA

As alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro: Mª Eugenia Guerra Vilar, María Chedas Camba, Antía Herrea Lanzós y Mª Virginia Neira Martínez participaron o venres 7 de marzo na MASTERCLASS de Física (Física de Partículas coas mans), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A biblioteca do MGB, con motivo do Día da Muller Traballadora, propón unha serie de actividades que, unha vez realizadas, se exporán nos corredores do instituto.

DÍA DE SAN VALENTÍN

20060214104127-san-valentin.jpg

Actividades convocadas pola biblioteca con motivo do Día de San Valentín

VISITA A LUGO

mosaig[1].jpg

  Dentro das actividades previstas no proxecto "2000 anos por correo", o vindeiro mércores 5 de marzo alumnos de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, irán a Lugo. Pola mañán asistirán á obra de teatro "Ifigenia en Áulide", dentro do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia, e pola tarde visita guiada a Domus Oceani e ao Museo Arqueolóxico Provincial. Sairán ás 8:45 horas do centro.

ACTIVIDADE DE TEATRO

Xa comenzou a actividade de teatro os martes pola tarde no centro. Dita actividade está organizada polo profesor Miguel Carbajal   e dirixida a alumnos de 1º Bacharelato.

Novos éxitos dos deportistas do MGB: Bádminton

Os alumnos de 1º e 2º de ESO do noso centro: Ana Reino, Nerea Gestoso, Jesús Pereiro, José Manuel Padín, Diego Otero e Román Blanco acadaron moi bos resultados nos campeonatos galegos de bádminton celebrados o pasado fin de semana. Ana e Nerea acadaron o título de campeonas galegas na modalidade de dobres sub 13. J.M. Padín acadou o subcampeonato galego en individuais sub-13. Diego e Román foron subcampeóns en dobres sub 17. Noraboa aos seis e ánimo para as seguintes competicións.

PREMIO NAS OLIMPIADAS DE FISICA

premio_fisica_2008_faro_4.jpg

O centro comprácese en anunciar que a alumna Mª Euguenia Guerra Vilar de 2º Bacharelato A quedou clasificada en 3º lugar na Fase Local da Olimpiada de Física convocada pola Universidade de Santiago de Compostela. A comunidade educativa do "IES Manuel García Barros" ten a ben felicitala así como ao Departamento de Física e Química do centro

EXCURSIÓN SAN ISIDRO

larecorba.jpg

Onte mércores 20 de febreiro do 2008 tivo lugar na Aula de Usos Múltiples do centro unha reunión para dar información sobre a excursión a San Isidro. Para poder consultar o documento con dita información descargar dende aquí.

CONVOCATORIA COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convócase a Comisión Pedagóxica para o mércores, 27 de febreiro, ás 16:30 horas. Descarga dende aquí a orde do día.

PROXECTO TERRA

O vindeiro venres 29 de febreiro e o sábado 1 de marzo os alumnos de 4º ESO participarán nas actividades do "Proxecto Terra". Toda a documentación xa foi enviada os pais xunto coa autorización.

CONFERENCIA "ESTRATEXIAS DE CONTROL DE CONFLICTOS NA AULA"

Os  vindeiros días 13 e 20 de febreiro celebraráse na aula de Usos Múltiples do centro unhas conferencias sobre "Estratexias de control de confictos na aula",impartidas por Carmen Loureiro, docente do IES "Illa de Arousa".

REUNIÓN PAIS SAN ISIDRO

O vindeiro mércores 20 de febreiro do 2008 ás 19:horas haberá unha reunión  na aula de usos múltiplies do centro para informar os pais sobre a excursión a San Isidro.

ENCONTROS NA ZONA USC

Dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC" relizaránse o vindeiro 2 ou 3 de abril os "Encontros na zona USC" para os alumnos de 2º Bacharelato. Por este motivo envióse unha circular con información os pais.

BOLETÍN Nº3 DA BIBLIOTECA DO MGB

A biblioteca do MGB ven de publicar o seu boletín nº3, onde se recollen as actividades propostas para o día da Paz.

EXIPTO 2008 MGB: SELECTA DE PRENSA

exipto_voz_galicia.jpg
A prensa Galega recolle nas súas edicións locais a viaxe dos alumnos do MGB e as profesoras Ana Fernández e Esther Sánchez polas lonxanas terras de Exipto. Así podemos lelo na Voz de Galicia e no Faro de Vigo deste martes 12 de febreiro.
Distribuir contido