Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO

A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2020-2021 (código de procedemento ED330E).

O prazo de solicitude será do 16 ao 27 de novembro de 2020 (ambos inclusive).

  • Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras  todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
  • Poderá presentar a solicitude:
    • Alumnado de familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. e que non obtivo vale de material. (A renda que se ten en conta é a do ano 2018).
    • Alumnado matriculado en Educación Especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II  da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.