Acto de recoñecemento aos mellores estudantes

O pasado xoves 30 de xuño tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago un Acto de Recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia. Foi organizado dende o programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para aqueles que acadaron unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á Universidade.

Do noso centro foi recoñecida a alumna Laura López Rey.

Parabéns Laura!