Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, Documentación

NOVO MATERIAL PARA ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Está dispoñible en orientación novo material de interés para alumnado de bacharelato e de 4º ESO interesado tanto en titulacións universitarias coma ciclos medios e superiores. Dado que ten copyright non se pode colgar na web e só o podedes consultar no despacho da orientadora.

Descrición do material:

-DVD Anuario "Entre estudiantes" con guias para decidir futuro, información sobre todas as universidades e estudos universitarios, notas de corte, campus....en España-

-Novos exemplares das revistas "Y ahora qué" (cun especial sobre o selectivo, probas de acceso a universidades privadas, guía práctica de universidades e un monográfico sobre a titulación de Dereito) e "Entre estudiantes" (con mongráficos sobre grao en información e documentación, grao en óptica e optometría e técnico superior en secretariado, así como tendencias de emprego para o 2010).

¡Pasade a consultalas cando queirades! Son de gran utilidade.

 

Normativa de Actividades do Centro

No arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades  extraescolares do Centro

Nova regulación das PAAU

Publicouse no DOGA do luns 11 de xaneiro, a orde que regula as probas de acceso ao sistema universitario (ensinanzas de grao).

Para ter máis información, consultade en orientación (que xa está realizando sesións informativas con alumnado de 2º Bacharelato Nocturno e Diurno) e tamén podedes consultar directamente a orde na  páxina web da Consellería de Educación.

Documentación Xefatura de Estudos

Aquí podedes atopar unha recopilación de documentos internos importantes.

Documentación Profesorado:

Documentación Alumnado:

Documento Microsoft Word Libre/Openoffice Writer
Reclamacións E.S.O. e 1º Bach  Descargar Descargar
Reclamacións notas Ciclos Descargar Descargar
Reclamacións ante a Delegación Descargar Descargar
Solicitude validación FCT Descargar Descargar
Solicitude validación módulos ciclos Descargar Descargar
Inscrición probas Graduado en ESO Descargar Descargar
Reclamacións 2ª Bach Descargar Descargar
 Reserva de praza interna  Descargar
 Solicitude de admisión  Descargar

Documentación Nais/Pais:

Documento Microsoft Word Libre/Openoffice Writer
Autorización para saír no recreo Descargar Descargar
Autorización para faltar a clase Descargar Descargar
Solicitude exención língua galega Descargar Descargar
Solicitude exención música Descargar Descargar
Solicitude exención Educación Física Descargar Descargar
Solicitude renuncia ao comedor Descargar Descargar

Ligazón para petición de certificados

O IES Laxeiro pon á súa disposición unha ligazón para pedir certificados dende a páxina web.

O proceso consiste no seguinte:

  • Cubra o formulario que se atopa na seguinte ligazón. É necesario cubrir os campos marcados cun asterisco, se ben é bo que facilite toda a información que se lle solicita
  • Se todo foi ben e o envío do formulario foi correcto, ao cabo de dous días pase polo centro a recoller o seu certificado.

Para calquera dúbida, contacte con nós no teléfono 986 787051.

Persoal de Admon. e Servizos

 


Administrativas:
  María Fé Figueiras Boán
  Sara Silva Ferradás
Persoal Subalterno:
  Xerardo López Freire
  Ana Paredes Mirás
  María Fernández Martínez
Persoal de Limpeza:  
  María Jesús García Couso
  María Mercedes Borrajo Calvo
  María Pilar Eyo Terzado
  María Luz Romeu Chorén

Dependencias do centro

 

Fachada principal do centro

O instituto laxeiro está organizado principalmente en tres edificios, onde se realizan os labores docentes, un pequeno espazo arredor con algún patio e un ximnasio.

A parte das aulas de cada clase, contamos tamén con:

  • Dúas aulas de informática.
  • Salón de Actos.
  • Aulas específicas de Plástica e Visual e Música.
  • Aulas específicas de Tecnoloxía e de Tecnoloxía Industrial.
  • Laboratorios de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.
  • Talleres dos ciclos de Mantemento de Equipo Industrial, Electricidade e Electromecánica de Vehículos
  • Aulas específicas dos ciclos de Administración de Empresas e Xestión Administrativa.
  • Cafetería.
  • Biblioteca.
  • Sala de profesores.
  • Departamento de comúns.
  • Despacho de Dirección, Orientación, Xefatura de Estudos, Secretaría, ...
  • Conserxería.

Podes ver fotos das dependencias na galería de fotos.

Integrantes do Consello Escolar


Director:

Eugenio Grande Sierra
Xefe de Estudos:
Luís Gustavo Rodríguez Taboada
Xefe de Estudos Adultos:
Xavier Gallego Fernández
Secretario: Xesús María Jubón Salgado
Representantes profesorado:
 
Manuel E. Varela Iglesias
Rosa Mª Álvarez González
José Ramón Silva Torres
Manuel Iglesias Rodríguez
Mª Ascensión Rodríguez Casanova
Xosé Manuel López Fernández
Representantes alumnado:
Jesús Brey Fernández
Carlos Villardefrancos Toimil
Tamara García Rodríguez
Marcos González Rodrígues
Representantes nais e pais:

José Luís Baldonedo Baldonedo
María Soledad García Montoto
Mª Teresa Fernández Saavedra
Representante persoal non docente:
Mª Fe Figueiras Boán 
Representante concello:

Nicolás Varela García
Representante asociación empresarios:
Antonio Lamas Carral

Onde estamos

O IES Laxeiro está situado na capital da comarca do Deza, en pleno casco urbano de Lalín, no tramo antigo da N-525 ao seu paso polo pobo, e a poucos metros da estación de autobuses.

 Tipo

Sistema GMS (Grados Minutos Segundos)

Sistema Geodésico Mundial (WGS 1984)

Sistema GD (Grados Decimales)

Coordenadas GPS:

(Latitud, Longitud)

 42º39´26.0"N, 8º06´43.0"W 42.657223, -8.111944

 

 

 

 

 


No seguinte mapa podes ver a localización exacta do centro.

 


Ver mapa en Google Maps

Breve historia do centro

Na historia do noso centro debemos ter en conta a convivencia de varios tipos de estudos no mesmo edificio, e unha posterior separación en dous Institutos diferentes (Ramón María Aller Ulloa e Laxeiro) dentro da mesma capital do Deza. Os acontecementos sucesivos van explicando esta problemática.
No ano 1954 foi creado mediante orde Ministerial (BOE do 7-4-54) un Centro Oficial de Ensino Medio e Profesional na modalidade Agrícola e Gandeira en Lalín, o Instituto Ramón María Aller Ulloa, que comeza a impartir clases durante o curso 1954-55. Este será o xérmolo de toda a etapa educativa de nivel medio da Comarca do Deza.
O edificio que ocupaba ese Instituto era o coñecido como "Hospitalillo", de propiedade municipal, que segundo reza nunha placa sita aínda hoxe na frenteira foi inaugurado o 21 de Setembro de 1925 e construído baixo o mecenato da Sociedade de Fillos do Partido de Lalín de Bos Aires. O edificio de pedra foi, e segue a ser, a pesar das múltiples reformas sufridas ao longo dos anos, a base física do Instituto Laxeiro.
Seguindo coa historia académica, cómpre mentar que a única especialidade impartida naquel curso 54-55 era a modalidade Agrícola-Gandeira, que se correspondía ao Bacharelato Laboral Elemental, que contaba nese 1º curso con 72 alumnos, todos eles varóns.
Xa no curso 59-60 inaugúrase un reformado edificio sobre as bases do "Hospitalillo". O que se fai é un intento de acondicionar as estruturas con vistas a adaptalas á educación.
O curso 63-64 vai marcar unha nova xeira na pequena historia deste centro educativo, pois nel entran por primeira vez as mulleres a estudar. Propicia esta novidade o feito de que a principios desta década o centro cambia de denominación e pasa a chamarse Instituto Técnico de Ensinanza Media, e que no mencionado curso comenza a impartirse a modalidade Administrativa, dirixida ao sexo feminino. Serían exactamente 45 as alumnas que iniciasen os estudos nesas datas.
Coa extinción dos plans antigos de Bacharelato e a chegada dos novos estudios, no curso 67-68 establécese un Plan único de Bacharelato Elemental Unificado de catro anos de duración e que sería implantado progresivamente ao tempo que se esgotaba o antigo.
Xa no curso 71-72 amplíanse os cursos ao Grao Superior dos Bacharelatos: Técnico Masculino coa especialidade de Industrias Lácteas, Técnico Feminino coa especialidade de Secretariado e Xeral Mixto con Ciencias e Letras.
No curso 73-74 chega o COU e a nova denominación de Formación Profesional de 1º Grao. E non sería ata o curso 75-76 cando chegasen os primeiros alumnos procedentes da EXB (creada pola Lei Xeral de Educación do 70) para iniciaren os seus estudos de 1º de Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP) no centro.
Coa mencionada estrutura educativa e en vista do progresivo crecemento de matrícula, pois no curso 77-78 comparten edificio 360 alumnos/as de BUP e COU con 90 de Formación Profesional (Ramas de Electricidade, Automoción, Metal e Administrativo) faise imprescindible a construción dun novo edificio que poida dar cabida a tódalas solicitudes de matrícula da comarca. Desta maneira no curso 78-79 os estudos de BUP e COU trasládanse ao novo e actual edificio que ocupa o Instituto Ramón María Aller Ulloa, ficando o vello edificio - que hoxe é o Instituto Laxeiro-destinado aos estudos de Formación Profesional e sen nome concreto.
En Maio do ano 1989 o Centro pasa a denominarse Instituto de Formación Profesional Laxeiro, como homenaxe ao insigne pintor lalinense, e nel impártense as Ramas Técnicas de Administrativo, Electricidade e Automoción, pois pola escasa matrícula a Delegación eliminara a Rama de metal no curso 87-88.
Coa chegada da Loxse o centro pasa a denominarse IES Laxeiro e de novo as vellas paredes do "hospitalillo" son testemuñas quedas dos novos cambios.
Ao longo dos últimos anos, e aínda que segue conservándose a vella estrutura do edificio, marcada pola presenza da pedra, houbo múltiples reformas que intentaron acondicionar os espacios físicos ás necesidades educativas. A máis importante foi a levada a cabo durante o curso 98-99 e que modificou radicalmente o espacio interior de grande parte do edificio, incrementou o número de aulas, incorporáronse aulas específicas da ESO, cafetería, ciclos, etc. Desde fóra os cambios son menos visibles, como non sexa a presenza do Ximnasio colocado na metade da que era pista polideportiva.
No verán do 99 realizáronse tamén ampliacións nos obradoiros, coa finalidade de adaptalos aos ciclos formativos de Electricidade e Mecánica.
No ano 2000 volve a impartirse no centro o novo Bacharelato recordando que hai vinte anos polas súas aulas pasaran xeracións de alumnos de BUP, e inícianse tamén estudos de Ciclos Medios de Formación Profesional que sustituyen á F.P do sistema extinguido. Asemade inícianse os estudos de Ensinanza de adultos na Secundaria que se verán completados no ano 2001 con bacharelato de adultos. Os Programas de Garantía Social, abertos tamén no ano 2000 completan unha oferta educativa complexa pero acorde coa realidade social do momento.
Neste intre o instituto estase a adaptar ás novas esixencias que lle veñen marcadas pola diversidade de estudos que nel se poden realizar. O maior atranco é a carencia de espacios , a necesaria reforma dalgunhas instalacións xa algo estragadas polo uso e a propia ubicación do centro nun marco urbano de por si complicado. Malia todo iso, o IES Laxeiro está adaptado ao novo organigrama do ensino e pode presumir de ser pioneiro en moitas facetas educativas: informatización administrativa e de ensino, internet, aulas específicas, ximnasio e talleres.
O IES Laxeiro é na actualidade un centro que mira ao futuro con optimismo e totalmente integrado no sistema educativo actual.

Distribuir contido