Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, Documentación

Aberto o prazo para solicitar acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral

A través da Orde do 21 de marzo de 2011(DOG do 25) convócase o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Para máis información consultar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm

Convocado concurso de méritos para selección e nomeamento de Directores de centros docentes públicos

No DOG do 25 de marzo sae publicada a Orde do 17 de marzo pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección de centros docentes públicos. Entre os centros que aparecen  no Anexo 1 como vacantes figura o IES. Laxeiro, polo que se abre o período de presentación de solicitudes, para acceder á Dirección. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, polo que rematará o 14 de abril.

Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras Ano 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos de 6º Primaria; 1º-2º-3º e 4º ESO; 1º e 2º Bacharelato e Ciclos Superiores que teñan no seu currículo un módulo profesional de lingua estranxeira.Na seguinte nota informartiva, na Orde do 8 de marzo de 2011 e no cartel informativo atoparedes toda a información. O prazo abrangue desde o 12 de marzo ata o 12 de abril  e a Web da convocatoria é a seguinte: http://wwww.edu.xunta.es/axudasle

Modificación nas Probas de acceso á Ciclos Superiores: A data será o venres día 1 de abril

No DOG de hoxe, día 10 de marzo, ven de publicarse a Resolución de 2 de marzo que modifica a Resolución de 11 de xaneiro, referente ás probas de acceso á Ciclos. O cambio da data da proba de acceso á Ciclos Superiores , será o venres, día 1 de abril, e o 17 de marzo, en lugar do día 10, como data de publicación dos lugares onde se van a constituir as comisións das realización de probas, son os cambios significativos.

Listaxe provisional de exencións para os inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Xa está disponible a listaxe provisional de exencións para as probas de acceso á Ciclos Superiores. Contra esta listaxe poderanse presentar reclamacións a modo de instancia, os días 4 7 8 9 e 10 de marzo no centro onde se realizase a inscripción.

Listado definitivo de inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Publicada no día de hoxe a listaxe definitiva de inscritos ás Probas de acceso á Ciclos Superiores. O día 3 de marzo sairá publicada a resolución provisoria de exencións.

Listado provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos Superiores

Publicada a listaxe provisional de admitidos ás probas  de acceso á Ciclos Superiores. Ábrese  agora un período de reclamacións entre os días 10, 11, 14 e 15 deste mes de febreiro. O vindeiro 17 sairá publicada a listaxe definitiva. No enlace consultade a relación de inscritos no IES.Laxeiro.

Composición do Consello Escolar do IES.Laxeiro tras a renovación 2010

Rematado o proceso electoral , o Consello Escolar do IES.Laxeiro quedou configurado ,nos tres sectores afectados, pola renovación: profesorado, pais/nais e alumnado.

O día 29 a Xunta Electoral proclamou os novos membros do Órgano Colexiado, polo que tan só resta a constitución do novo Consello que terá lugar na primeira quincena de decembro.

No arquivo adxunto pódese observar a súa nova composición

O IES.Laxeiro acada o 1º Premio ao Proceso de Implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar

Na Resolución do 26 de Outubro , publicada no DOG do 12 de novembro,a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta da Galicia ven de conceder ao IES. Laxeiro un premio de 1.200€ pola súa labor de implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos do ensino público non universitario correspondente ao curso 2009 - 2010.

O arquivo adxunto queda coma testemuña do éxito acadado e polo que felicitamos aos Departamentos que están desenvolvendo estas actividades e en nome de todos eles, profes e alumnos/as, ao Xefe do Departamento de Bioloxía  e Ciencias Naturais, Luís Jar, verdadeiro impulsor destas iniciativas.

A Comunidade do IES.Laxeiro séntese unha vez máis orgullosa pola labor que se está levando a cabo en tantos eidos educativos e polos que segue colleitando tantos éxitos. ¡NORABOA!

Distribuir contido