Taboleiro

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Teatro Fórum de Igualdade

Teatro Fórum de Igualdade

 

Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO.

Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e  lúdicas.

 

Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos.

Aprendendo a convivir

Aprendo a convivir

 

Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta.

O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,...

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.

 

 

Clases sen fume

Clases sen fumes

 

O luns e martes 20 e 21 de xaneiro o almunado de 2º de ESO e 1º ESO C tivo coa doutora Victoria Aldea do Sergas as sesións formativas de prevención do tabaquismo.

Ademáis de información sobre os efectos nocivos do tabaco e a súa composición detectaron, no alumnado voluntario, os niveis de monóxido de carbono.

Aquí podes ver algunhas fotos.

 

 

O IES Laxeiro toma á Cidade da Cultura

Visita a Cidade da Cultura

O 10 de xaneiro os alumnos/-as de 3º da ESO acompañados de catro profesores visitaron na Cidade da Cultura a exposición ORINOCO. O Departamento de CCSS organizou a visita a esta colección da Fundación Cisneros que trata de acercar o mundo índixena da selva venezolana bañada polo río Orinoco. 

Neste ligazón podes atopar máis información sobre estes pobos e a súa cultura, ademáis dunhas preciosas fotografías.

Acompañados por un guía, tamén coñecemos os diferentes edificios  que forman parte deste conxunto arquitectónico tan polémico como atractivo. Aprendemos que secreta simboloxía encerra cada un deles, que materiais se empregaron para construílos, a dificultade constructiva que supuxeron e outra serie de datos referentes ao emplazamento no Monte Gaiás.

Nesta galería podedes botar unha ollada ás fotos que se fixeron nesta actividade. 

 

 

Pásate á froita

A partires do 31 de marzo comezaremos un novo período de distribución de froita para o noso alumnado. Terémola na entrada ao pabillón A e poderémola degustar durante os recreos.

Trátase dunha actividade enmarcada no Programa "Aliménta-T ben" promovida polo FOGGA (Fondo galego de garantía agraria) e dentro do Plan Proxecta.

Animáte coa froita!. Ponlle cor ás mañás!.

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes do proxecto que está levando adiante o alumnado de 1º de ESO.

Premios Extraordinarios da ESO 2012-13

Felicidades aos alumn@s do IES Laxeiro gañadores dos Premios Extraordinarios da ESO do curso 2012-13. Noraboa a Rubén Carballude Reboredo, Mª José González Insua, Mª José Sanmartín Jar e Andrés Eduardo Machado González. Aquí tedes algunhas fotos d@s premiad@s.

 

 

1º da ESO na Biblioteca

 

O luns 18 de novembro foi un día de festa na Biblioteca do centro. Os tres grupos de 1º da ESO visitaron as instalacións e participaron en varias actividades que dende o Equipo da Biblioteca se organizaron para dinamizar este espazo e conseguir que os alumnos o coñezan e fagan un bo uso del.

Aprenderon a localizar un libro nos andeis; poideron ver fotos antigas de como era fai 30 anos a nosa Biblioteca; incluso manosearon con sorpresa o libro máis antigo que forma parte dos máis de 13.500 volúmenes dos que dispoñemos: un exemplar de La Celestina que data de 1876.

Nesta galería de fotos podedes ver aos participantes na actividade.

 

 

O IES. Laxeiro seleccionado para participar no programa de inmersión lingüística "OUTONO 2013"

Un grupo de 25 alumnos/as de 3º ESO do IES.Laxeiro participarán entre o 24 e o 30 de novembro nas actividades de inmersión lingüística que terán lugar no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo(Lugo).

Xunto co IES. Laxeiro estarán na mesma quenda os seguintes centros:

IES Plurilingüe Fontem Albei   da Fonsagrada

IES Manuel Murguía                   de Arteixo

CPI As Revoltas                         de A Cabana

IES Canido                                   de Ferrol

Trátase dun curso residencial de lingua inglesa, non dun campamento de verán,O alumnado recibirá cinco horas de clase diarias de luns a venres e onde realizarán actividades comunicativas reais en inglés, nun ambiente angloparlante.

Para máis información consultar o seguinte enlace

Toda estas actividades ademais terán lugar nun marco incomparable do noso interior galego: Pena . Os Peares

De toda actividade os pais/nais do alunnado participante terá cumplida información nos próximos días , comenzando por unha circular que recibirán proximamente


Distribuir contido