Taboleiro

Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras Ano 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos de 6º Primaria; 1º-2º-3º e 4º ESO; 1º e 2º Bacharelato e Ciclos Superiores que teñan no seu currículo un módulo profesional de lingua estranxeira.Na seguinte nota informartiva, na Orde do 8 de marzo de 2011 e no cartel informativo atoparedes toda a información. O prazo abrangue desde o 12 de marzo ata o 12 de abril  e a Web da convocatoria é a seguinte: http://wwww.edu.xunta.es/axudasle

Listado definitivo de inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Publicada no día de hoxe a listaxe definitiva de inscritos ás Probas de acceso á Ciclos Superiores. O día 3 de marzo sairá publicada a resolución provisoria de exencións.

O IES: Laxeiro, 2º clasificado na Fase previa do Parlamento Xove

Seis alumnos/as de Bacharelato do IES.Laxeiro acompañados do profesor Manuel Igrexas acadan a 2ª posición na fase previa do Parlamento Xove. De venres a domingo diferentes centros competiron en aniomados debates na localidade coruñesa de Abegondo. O grupo de alumnos acudiran de novo o día 26 á Fase final na que de novo poden reverdecer ao éxitos acadados o ano pasado

Composición do Consello Escolar do IES.Laxeiro tras a renovación 2010

Rematado o proceso electoral , o Consello Escolar do IES.Laxeiro quedou configurado ,nos tres sectores afectados, pola renovación: profesorado, pais/nais e alumnado.

O día 29 a Xunta Electoral proclamou os novos membros do Órgano Colexiado, polo que tan só resta a constitución do novo Consello que terá lugar na primeira quincena de decembro.

No arquivo adxunto pódese observar a súa nova composición

O IES.Laxeiro acada o 1º Premio ao Proceso de Implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar

Na Resolución do 26 de Outubro , publicada no DOG do 12 de novembro,a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta da Galicia ven de conceder ao IES. Laxeiro un premio de 1.200€ pola súa labor de implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos do ensino público non universitario correspondente ao curso 2009 - 2010.

O arquivo adxunto queda coma testemuña do éxito acadado e polo que felicitamos aos Departamentos que están desenvolvendo estas actividades e en nome de todos eles, profes e alumnos/as, ao Xefe do Departamento de Bioloxía  e Ciencias Naturais, Luís Jar, verdadeiro impulsor destas iniciativas.

A Comunidade do IES.Laxeiro séntese unha vez máis orgullosa pola labor que se está levando a cabo en tantos eidos educativos e polos que segue colleitando tantos éxitos. ¡NORABOA!

Renovación parcial do Consello Escolar do IES.Laxeiro

O día 4 de novembro comeza o calendario elaborado pola Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES.Laxeiro.

Desde o día 5 ata o 18 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas nos sectores do PROFESORADO, PAIS/NAIS e ALUMNADO. A tal efecto os interesados/as poderán recoller  os impresos de presentación de candidaturas na secretaría do Centro.

Entre os días 23 e 25 terán lugar as votacións, para rematar o proceso o día 30 de novembro.

Do calendario, datas e demais comunicados, terán oportuna información nesta páxina web.

Desde aquí tan só animar a que participen, presenten candidatura e acudan a votar nos días sinalados a tal efecto.

¡ ANIMO! ¡PRESENTEN CANDIDATURA! ¡VOTEN!

O FUTURO DO LAXEIRO É DE TODOS/AS .

 

2º Prazo de axudas para alumnos/as de FCT

A Orde do 3 maio do 2010 convocaba as axudas para alumnos de FCT. Agora , tal como refrexa a devandita Orde, ábrese o 2º prazo para poder solicitalas:

"O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2010, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2010. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2010. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2010 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes, xunto co resto da documentación requirida, poderanse presentar no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. (DOG do 13 de maio )"

Nos arquivos adxuntos podedes obter máis información e rellenar o impreso de solicitude

Acceso e matrícula aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs) para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

No arquivos adxuntos podes informarte do proceso de admisión e matrícula para os Programas de Cualificación Profesional Inicial no curso 2010-2011 no IES. Laxeiro.

Admisión e matrícula de adultos para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

 No arquivo adxunto podedes informarvos do calendario de admisión e matrícula tanto de Educación Secundaria coma de Bacharelato de adultos para o curso 2010-2011 no IES-Laxeiro

Distribuir contido