Taboleiro

Listaxes provisionais de admitidos en Ciclos Medios e Ciclos Superiores no IES.Laxeiro

A Consellería de Educación vén de publicar as listaxes provisionais de admitidos nos Ciclos Medios e Superiores. Ábrese agora un prazo de reclamacións ata o día 13 deste mes. O 19 sairán as listaxes definitivas. O periodo de matrícula para os admitidos nesta 1ª convocatoria será entre os días 20 e 23 do presente mes de xullo.

Nos arquivos adxuntos podedes comprobar as listaxes provisionais  de admitidos e comprobar se hai motivo de reclamación.

Convocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitarios

 Dende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es  e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición.

Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente.

Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010

O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado.

A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza.

Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU.

Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto.

 ¡GRAZAS, CHAVALES!

Aberto o prazo de reservas para os Ciclos Medios e Superiores

Desde o día 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar admisión en Ciclos Medios e Superiores para o curso 2010-2011.

Nos arquivos adxuntos poderás consultar a información que necesites, así como a Oferta educativa do IES.Laxeiro e os impresos que deberás cubrir para reservar a túa praza.

Plan de Convivencia do I.E.S. Laxeiro

Despois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas.

Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados.

O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011.

Probas libres para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO )

Convócanse probas para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO ) para alumnos/as que cumpran 18 anos o día anterior ao día da proba. Para máis infromación consultar o arquivo adxunto.

Lugar e data das probas de acceso a Ciclos Medios

 O IES. Pintor Colmeiro de Silleda acollerá o venres 4 de xuño as Probas de Acceso a Ciclos Medios. No arquivo que se adxunta pódese consultar máis cumprida información ao respecto

 

 

Distribuir contido