Taboleiro

Concurso "nove palabras que precisa o galego"

Traballando e aprendendo linguas e os camiños dunhas a outras; coa pretensión de non pretender nada máis que ao pasar o tempo pensar que o perdimos ben perdido para que outr@s nos atopen, ... propoñemos este concurso no que poderás consultar as bases nesta ligazón www.laxastraducidas.blogspot.com

Viaxe a Andorra do alumnado de 2º ESO

Do 20 ao 26 de xaneiro, 10 alumn@s de 2º ESO do IES Laxeiro, xunto a outros 10 alumn@s do IES Ramón María Aller Ulloa, participaron nunha viaxe a Andorra promovida e subvencionada polo Concello de Lalín. Aquí tedes algunhas fotos.

Convocatoria de probas de acceso a ciclos medios e superiores Ano 2013

Convocadas as probas para acceso a ciclos medios e superiores según a resolución publicada no DOGA do 21 de xaneiro de 2013. Dirección,Xefatura de estudios e Orientación informarán ao alumnado interesado nestas probas que terán o seguinte calendario

Para máis información consultade a resolución e nos seguintes arquivos adxuntos podedes formalizar a correspondente solicitude para presentarse ás probas.Lembrade que debedes facelo por duplicado.

- Impreso inscripción proba acceso ciclo medio

- Impreso inscripción proba acceso ciclo superior

Composición do Consello Escolar do IES.Laxeiro tras a renovación 2012

Rematado o proceso electoral , o Consello Escolar do IES.Laxeiro quedou renovado nos  sectores afectados, pola renovación: profesorado, pais/nais , alumnado e persoal de administración e servizos. O día 30 a Xunta Electoral proclamou os novos membros do Órgano Colexiado, polo que tan só resta a constitución do novo Consello que terá lugar o 11 de decembro. No arquivo adxunto pódese observar a súa nova composición

Visita a REGANOSA

O pasado mércores, día 7de novembro de 2012,  alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL).   Ver FOTOS da Visita

Acto contra a violencia de xénero

O 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía.

As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas.

Calendario do proceso de renovación 2012 do Consello Escolar do IES.Laxeiro

A Xunta Electoral do IES.Laxeiro , reunida hoxe, día 7 de novembro, acordou o calendario de renovación parcial do Consello Escolar. Así mesmo cada sector da comunidade educativa, presente nesta renovación, terá oportuna información a través das canles habituais.

Renovación parcial Consello Escolar 2012

Durante o mes de novembro vai ter lugar a renovación parcial do Consello Escolar do IES.Laxeiro de Lalín. A resolución do 7 de setembro de 2012 é a normativa que guiará este proceso do que o primeiro paso será a constitución dunha Xunta Electoral no centro que será a que marque o calendario da renovación que terminará coa constitución do novo Consello aló polo mes de decembro. Nos arquivos adxuntos explícanse o proceso de constitución da Xunta e as prazas a renovar nesta ocasión, así como unha información para os pais e nais do alumnado do centro.

Desde a Dirección do IES.Laxeiro queremos e desexamos animar ao profesorado, aos /ás pais e nais e a todo alumnado a que participen neste proceso de renovación , dada a importancia que ten o Consello Escolar na vida do centro.

Desde esta páxina web iremos informando de todo o proceso para que todos/as sexan informados/as do desenvolvemento das correspondentes proclamacións de candidaturas e diferentes eleccións de cada un dos sectores representativos deste órgano colexiado.

Información académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativos

Ao comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro.

Información Becas para estudios postobrigatorios

A Resolución do 2 de agosto de 2012 (BOE do 14 de agosto)  ven de convocar becas e axudas ao estudo para o curso académico 2012-2013 para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios.

Máis concretamente convócanse becas para os seguintes estudos:

- 1º e 2º cursos de bacharelato

- Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior

- Ensinanzas artísiticas profesionais

- Ensinanzas deportivas

- Estudos de idiomas en Escolas Oficiais

- Ensinanzas artísiticas superiores

- Estudos relixiosos superiores

- Estudos militares superiores

Convócanse axudas para os seguintes estudos:

- Cursos de preparación para as probas de acceso

- Programas de Cualificación Profesiona Inicial

Requisitos , cuantías, tipos de becas, procedemento de presentación e demais cuestións podes consultalo no resumo da Resolución antes mencionada.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de outubro de 2012.

Distribuir contido