Taboleiro

Coñecendo ás Detectives do Cancro

Clotilde Costa Nogueira - Científica ASEICACon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.

A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida.

Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. 

Soña, atrévete!

Gañadores III Concurso Luis Gustavo - edición 2021

Na previa de convocar a edición 2022 do próximo Concurso Luis Gustavo, publicamos os Gañadores do Concurso Luis Gustavo da Edición 2021

Seguimos tendo a honra dende o Grupo do Club de Ciencias de seguir con esta fermosa iniciativa a prol da ciencia. Está encadrada nas actividades desenvoltas ao longo do curso escolar, como un fomento da cultura científica, das ciencias, tecnoloxías, matemáticas...

 

Aportamos os carteis coas obras premiadas como arquivos adxuntos.

 

 

 

 

Proxectos do Club de Ciencias 2022

Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias:


     
1.- Da teoría a practica 2.- Descubrindo reaccións químicas 3.- EcoPlan no Laxeiro

     
4.- Acuaponía 5.- A maleta científica 6.- As matemáticas da vida cotiá

     
7.- Dous anos despois... 8.- Creatividade e Vulcanismo 9.- Percepción da ciencia experimental

Loco Festival ACNUR no IES Laxeiro

LocoFestival_ACNURAquí colgamos Fotos e Vídeos do noso Loco Festival para colaborar con ACNUR!

Entrada [21/06/2022] do Faro de Vigo ---> "En el instituto Laxeiro de Lalín organizaron ayer el denominado Loco Festival para colaborar con Acnur y apoyar a los refugiados, en esta ocasión con el trasfondo de la guerra en Ucrania. Distintos departamentos didácticos y alumnos de varios cursos protagonizaron actividades diversas, desde un mosaico a cartelería, desde instalaciones reivindicativas y poemas a actuaciones musicales, percusión corporal, hucha solidaria y venta de pulseras y chapas ".

Entrada [21/06/2022] da Voz de Galicia ---> "Estudiantes de Secundaria, Bachillerato y Educación Secundaria de Adultos del instituto Laxeiro participan ayer y hoy en distintas actividades del Loco Festival, una iniciativa con la que desea dar a conocer la labor del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Refugiados y Refugiadas (Acnur). Un equipo de esta entidad estuvo ayer filmando las distintas actividades que acoge el centro lalinense durante los recreos, como animación musical, venta de material, o distintas exposiciones para conocer además la situación de las personas desplazadas".

 

Procedemento de Reclamación ás Cualificacións Finais

18/05/2022 11:09
01/07/2022 11:09
Europe/Madrid

 2º BACHARELATO - MAIO & XUÑO

TRÁMITES E ACTUACIÓNS

PRAZO

MAIO

XUÑO

Presentación

Reclamación formal ante a Dirección.

Dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación.

19  e 20

27 e 28

Revisión co centro

Valoración polo departamento.

Primeiro día lectivo seguinte ou, se fose o caso, hábil a aquel en que finalice o período de solicitude de revisión.

23

29

Comunicación da decisión ao reclamante por parte da Xefatura de Estudos.

Día lectivo, ou se fose o caso, hábil.

23

29

Reclamación ante X.T.

Reclamación á Xefatura Territorial no caso en que persista o desacordo.

Dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada.

24 e 25

30 e 1 xullo

 ESO e BAC - XUÑO 

TRÁMITES E ACTUACIÓNS

PRAZOS

Presentación

Reclamación formal ante a Dirección.

Dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación.

Revisión no centro

Decisión de modificación ou ratificación da cualificación final (Informe do equi0po docente ou Departamento Didáctico).

Primeiro día lectivo seguinte ou, se fose o caso, hábil a aquel en que finalice o período de solicitude de revisión.

Reunión extraordinaria para revisar o proceso de adopción da decisión de promoción ou titulación á vista das alegacións realizadas.

Dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde a finalización do período de solicitude de revisión.

Comunicación da decisión ao alumnado reclamante, e á persoa docente titora.

Día lectivo, ou se fose o caso, hábil, seguinte.

Anotación nas actas de avaliación, e, no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (Secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final.

Tras o proceso de revisión.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Reclamación ante a Xefatura Territorial no caso de que persista o desacordo

Dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada.

FP

TRÁMITES E ACTUACIÓNS

PRAZOS

Presentación

Reclamación formal ante a Dirección.

Dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación.

Revisión no centro

Traslado por parte da Dirección do centro ao Departamento correspondente para a emisión do informe oportuno.

Cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

Logo de recibido o informe do Departamento, a Dirección emitirá resolución ao respecto.

Comunicación da decisión ao alumnado reclamante, e á persoa docente titora.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial, cuxa resolución agotará a vía administrativa.

Prazo máximo dun mes a partir da súa notificación.

NORMATIVA APLICÁBEL:

No relativo aos Ciclos Formativos de FP

-ORDE12xul2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial - A45 (Reclamacións sobre as cualificacións).

No relativo ao resto de ensinos do centro

-ORDE2mar2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en EInfantil, EPrimaria, ESO e BAC

-Circular 1/2022, SXEFP, pola que se precisan aspectos da ORDE2mar2021 ... para o curso 2021-2022.

-ORDE25xan2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de EPrimaria, de ESO e BAC no sistema educativo de GZ.

 

 

FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIA

Os  "Pitufos Científicos", equipo formado por Nuria Jar de la Fuente, África López Díaz e Samuel Núñez Grove, quedaron entre os 9 equipos finalistas dos 600 centros participantes para defender a súa proposta sobre economía circular no último reto final que tivo lugar, de xeito presencial, durante a celebración de Galiciencia. Competiron cos representantes doutros centros e aínda que non acadaron o premio defenderon con decisión e orixinalidade a súa idea.
 
Uníronse á visita das instalacións de Tecnópole os seus compañeiros e compañeiras de 4º ESO e todos/as tiveron a oportunidade de visitar a maior feira científica de Galicia. A temática deste ano, Economía circular, coincide coa do noso concurso de fotografía Luis Gustavo, no que ata o 30 de maio vos animamos a participar!
Ademais de visitar os stands, nos que alumnado de distintos centros galegos de primaria e secundaria presentaron os seus interesantes proxectos, o alumnado asistiu ao taller "Da liña ao círculo" no que se ofreceu unha perspectiva diferente do consumo potenciando o pensamento crítico e reflexivo de cada un de nós ante a necesidade de mudar a nosa actual economía lineal por unha economía circular baseada na planificación do deseño e vida dos produtos para lograr o máximo aproveitamento e reducir o consumo de recursos naturais.
 


III Concurso Luis Gustavo - convocatoria 2021-2022

Xa temos en marcha a terceira edición o III Concurso de Ciencias na honra do noso "principiño" Luis Gustavo Rodríguez  Taboada.

O noso centro IES Laxeiro (Lalín) convoca o: III Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada

O obxectivo do concurso é promover o espírito crítico, a curiosidade e a busca do coñecemento para contribuír a desenvolver a sostibilidade ambiental, económica e social, a través da innovación e a solución de problemas individuais e globais.

Este ano o concurso será fotográfico e o tema: ECONOMÍA CIRCULAR

O III Concurso de Ciencia "Luis Gustavo Rodríguez Taboada" recollerá os traballos ata o 30 de maio de 2022.

Para saber mais >> Acceder a Páxina Web do Concurso Luis Gustavo.

 

Noticia publicada no Faro de Vigo -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/12/18/uxia-rapado-gana-segunda-edicion-60802748.html

Noticia publicada na Voz de Galicia -> https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/12/18/uxia-rapado-ganadora-premio-luis-gustavo-rodriguez/0003_202112D18C2991.htm

Felices festas e bo descanso dende o IES LAXEIRO.

Compartimos convosco esta imaxe elaborada polo noso alumno CRISTIAN BRUGUERA PEREIRO coa inestimábel axuda da súa profesora ELSA MARTÍNEZ.

Saúdos e moita saúde.


 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

O club de ciencia do IES Laxeiro celebra o mes da Ciencia en Galego coa realización dunha serie de actividades que permiten divulgar o coñecemento dun xeito diferente e accesible a toda a comunidade educativa. A programación inclúe proxeccións audividuais, elaboración de carteis en honor aos homenaxeados, exposicións científicas e talleres para experimentar.

 

Distribuir contido