Taboleiro

Volta a clases no IES Laxeiro

A volta á clases no IES Laxeiro será o luns, 11 de xaneiro, debido a que o venres día 8 é un dos dous días solicitados como festas locais polo centro.

 

VOLTA Á CLASES O LUNS 11 DE XANEIRO

Distribución de máscaras a alumnado da ESO do IES Laxeiro

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 e de acordo coas instrucións recibidas desde a Dirección Xeral de Centros da Consellería de EDucación, desde o día 16 ao 27 deste mes de novembro é o prazo para solicitar máscaras para o alumnado que segundo a citada orde teñen dereito.

A solicitude será presencial e realizarase cubrindo os Anexos 1 e 2 da citada orde.

IMPORTANTE:

1º.- O alumnado destinatario é o da ESO  e educación especial do centro

2º.- O alumnado que obtivo axuda de libros ou de material a través do Fondo solidario, non teñen que realizar a solicitude, xa que xa se consideran admitidos.

3º.- O demáis alumnado pode solicitala sempre que a renta per cápita da familia non exceda do umbral de 6000€

4º.- Terán dereito os matriculados en educación especial ou con discapacidades igual ou superior ao 65%

Para máis información consultar os arquivos adxuntos:

 

- Orde do 06 de novembro  de 2020(DOG do 13 de novembro)

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación

RECORDAR:

Prazo de solicitude: 16 a 27 de novembro

Cubrir os Anexos 1 e 2 e entregalos na Secretaría do centro coa documentación que se precisa na ORDE.

Os anexos pódense solicitar na Conserxaría do centro ou a través desta páxina Web no seguinte arquivo:

 

- ANEXOS I e II Solicitude de máscaras

 

 

Plan de continxencia_Covid19_IES Laxeiro actualizado con horarios espello para casos de ensino non presencial

En aplicación da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros coma consecuencia da pandemia COVID19, publícase de novo o Plan de continxencia actualizado nunha nova versión e na que se inclúen os horarios-espello que seguiríanse no caso de peche de grupo ou centro.

Nos arquivos adxuntos publícanse tanto o Plan de Continxencia actualizado coma o documento de horarios-espello.

a) Plan de Continxencia actualizado

b) Horarios -espello para ensino á distancia

Comezo do Curso

COMEZO DE CURSO

 Temos a previsión de comezar o día 23, 24 e 25 de setembro cunhas xornadas de adaptación COVID. Serán tres días nos que o alumnado virá unhas horas de forma escalonada por cursos para familiarizalo coas novas medidas da COVID que rexirán todo o curso no noso centro.

  •  Día 23 de setembro: 1º e 2º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio de X.Administrativa, Electromecánica e Electricidade, 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Mecatrónica
  • Día 24 de setembro: 3º ESO, 2º Bacharelato, 2º Ciclo Medio de X.Administrativa, Electromecánica e Electricidade, 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Mecatrónica

  • Día 25 de setembro: 4ºESO e 1º e 2º de Formación Profesional Básica

 

Horario das Presentacións:

 

 

23 DE SETEMBRO

 

24 DE SETEMBRO

 

25 DE SETEMBRO

 

 

11.00H-12.00H

 

BACHARELATO

 

BACHARELATO

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

 

12.00H-13.00H

CURSO CICLOS FORMATIVOS

CURSO CICLOS FORMATIVOS

 

 

13.00H-14.30H

 

e ESO

 

ESO

 

ESO

 

  

O alumnado da ESO terá transporte escolar ás 14.30h para regresar ao seu domicilio.

 

As clases para todo o alumnado do centro empezarán o luns 28 de setembro.

 

Carta aberta ás familias

 

Estimadas familias:

 

Como seguramente xa saben pola prensa, o curso vén de se adiar unha semana. Crerán saber os motivos, pero a realidade é única: o abandono total por parte da Consellería de Educación.

O noso sentir agora mesmo é de indignación. Levamos todo o verán traballando para que a volta ás aulas sexa o máis segura posible, pero non somos responsables do desaguisado continuo que as autoridades educativas teñen a ben realizar. Necesitamos profesorado para que as mínimas condicións de distancia se cumpran, e se non se nos concede negámonos a comezar o curso.

Basta xa de informacións falsas e cambiantes, basta xa de mentiras. Pedimos honestidade e pedimos solucións. A administración non nos facilita o noso labor e nós debémonos ao noso alumnado.

Queremos deixar constancia de que o noso obxectivo é manter a calidade do ensino e a seguridade do alumnado e profesorado, polo que non descartamos tomar decisións máis contundentes como a nosa propia renuncia a seguir sendo comparsas dunha institución que claramente nos despreza.

Non aseguramos que día comezará o curso, polo que daremos máis información en canto poidamos a través da páxina web.

 

O equipo directivo do IES LAXEIRO de LALÍN.

 

Presentación dos documentos COVID - IES Laxeiro 2020-2021

Dacordo aos Protocolos e Instruccións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido a situación actual de pandemia do COVID19. Dende o noso centro, presentamos os seguintes documentos:

 De xeito complementario e organizativo, aportamos a seguinte documentación dirixido ás Familias, aos Titores, ao Profesorado e Alumnado:

 Ademáis, aconsellamos consultar como referencia a seguinte guía:

 Para máis información consultar en https://edu.xunta.gal

Proxecto TI© EMPRENDES

Temos Información relativa ao proxecto TI© EMPRENDES da Deputación de Pontevedra, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ) e a Deputación de Pontevedra.

A datas previstas para empezar son a partir de setembro de 2020.

Desde o proxecto TI© EMPRENDES ofrécese:

–      11 itinerarios formativos de 125 horas de duración (100h. de formación específica e 25 de emprendemento): Formación específica (eminentemente práctica) en sectores co maior crecemento e demanda nos últimos anos como tecnoloxías da información e comunicación, turismo, lecer, deportes e restauración

–      Formación en autoemprego e/ou creación de empresas

Calendario de exames de setembro 2020

Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2019-2020 no IES Laxeiro

 

Calendario de exames da ESO e FP Básica

 

Calendario de exame de bacharelato e adultos

 

Distribuir contido