IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

No IES Isidro Parga Pondal comezou un curso máis o obradoiro do Alumnado Adxudante para os alumnos/as de 1º ESO durante cinco semanas. O obxectivo é seguir implementando cada ano, e este é o décimo, este programa de convivencia que forma parte do Programa de Actuación do Departamento de Mediación do centro educativo.

A formación do Alumnado Adxudante é un bo medio para dar resposta as necesidades que existen  na práctica diaria no propio centro. Esta formación permitirá, además, o aproveitamento do gran recurso que ten o centro: o seu propio alumnado

alumnado axudante

Novas na prensa:
 - La Voz de Galicia
 - Que pasa na Costa

O Departamento  de  Música,  quere  ofrecervos  para  celebrar  o  Nadal  2020,  o  traballo  que  o alumnado  estivo  a  preparar  con  moito  esforzo,  espírito  colaborador  e  entusiasmo.

Agradecemos  a  dirección  do  I.E.S.  Isidro  Parga  Pondal,  a  todo  o  profesorado  e  persoal  non docente,  todas  as  facilidades  para  levalo  a  cabo. Queremos  facer  unha  mención  especial,    ao  equipo  de  alumnos/as  encargados  da  montaxe  e deseño  gráfico  deste  vídeo,  pola  súa  dedicación  e  profesionalidade.

Este  ano,    o  final  da  gravación    contén    sorpresa.

Bo  nadal!!!

 

O I.E.S. Isidro Parga Pondal deséxavos unhas felices festas

Postal de Nadal

Postal gañadora do concurso de postais organizado polo EDLG en colaboración cos Departamentos de EPVA e de Lingua Galega
Autor: Nicolás Lorenzo Nicolson

 

A volta ao centro será o luns día 11 de xaneiro.

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2020 convocado polo EDLG en colaboración cos Departamentos de EPVA e de Lingua Galega.

1º premio: NICOLÁS LORENZO NICOLSON. 4º ESO D.

2º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 4º ESO C.

3º premio: BRAIS PENSADO ALBERTI. 1º ESO B.

 (preme nas imaxes para velas máis grandes)

Parabéns aos tres gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!

Felices festas!

O pasado venres 18 de Decembro, o equipo da Biblioteca do noso centro organizou unha charla motivacional, a petición do Departamento de Orientación, para o alumnado de 2 de bacharelato de cara a axudarlles a afrontar este curso tan importante.


Na charla  participaron tres antigas alumnas da promoción do ano pasado: Aida Duarte, Saray Gende e Elena Fariña que aceptaron encantadas o reto de contar a súa experiencia e tentar  motivar e resolver as dúbidas dos seus compañeiros.
 

Durante dúas horas, unha para cada un dos grupos de bacharelato, contáronlles a súa experiencia sobre como preparar e estudar de cara a preparación das ABAU, como levaron e afrontaron o estudo en tempo de pandemia así como consellos sobre a proba en si.

ex-alumnas dando a charla

Desde o EDLG convocamos por segundo ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes:

  FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio.

  MATERIAL: Cartolina ou folio.

  MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega.

  TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por   ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...).

  CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un  lema ...

  DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal.

  ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores de Galego ou de EpeVA ata o venres, 11 de decembro.

  PREMIOS: O xurado concederá 3 premios e diplomas ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración e texto en lingua galega.

  • 1º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 25 EUROS.
  • 2º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 20 EUROS.
  • 3º PREMIO: CHEQUE REGALO DE 15 EUROS.

- Farase unha exposición coas postais participantes no concurso.

- A postal gañadora poderase editar para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa.

 

Anímate e participa!

Queremos informarvos que desde o luns 30 de novembro desaparece o funcionamento de acceso á biblioteca empregando a cita previa. Agora poderedes acceder cando o necesitedes.

No caso de non producirse aglomeracións, seguiremos mantendo este novo sistema ao longo do curso.

En calquera caso, os protocolos de limpeza de mans e dos postos así como o resto de normas mantense vixentes

Esperámosvos na vosa biblioteca!!

horario definitivo biblioteca