Skip to Content

Centro educativo

Visita do alumnado de 6º do CEIP de Baño-Xanza e CEIP Ferro Couselo

Visita alumnado sexto primaria CEIP de Baño-Xanza e CEIP Ferro Couselo

O pasado 26 de maio estivo no noso centro o alumnado de 6º curso de educación primaria do CEIPP de Baño e do CEPP Xesús Ferro Couselo. Antes de percorrer as instalacións,  alumnas e alumnos de 1º ESO, contáronlles como viviron este primeiro ano. Atenderon moito!.
Agardámolos con moita ilusión no vindeiro curso

O noso centro únese ao proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2022/23

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022-2023, sendo o IES de Valga un dos seleccionados.
Este proxecto vaise implantar progresivamente en toda a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) comezando polo primeiro curso. O alumnado disporá dun moderno computador portátil -con función tamén de tablet- que vai poder levar ao seu domicilio para poder realizar as tarefas encomendadas. O IES de Valga comprométese a que un mínimo de seis materias de cada curso van ser traballadas con esta metodoloxía. Por conseguinte, para 2022-2023, o alumnado traballará con materiais dixitais en Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas, Tecnoloxía e Dixitalización, Educación Plástica, Visual e Audiovisual, Educación Física, Proxecto Competencial e Relixión.
Esta nova acción encádrase dentro da forte aposta do instituto por se situar na vangarda da oferta educativa en Ciencia e Tecnoloxía, á que se suma o Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) e ser un dos vinte e dous institutos de referencia en dixitalización pertencentes á Rede Galega de Educación Dixital.

Yara Franco Castro acada o 3º premio no XI premio nacional "Avelina Lamas" no apartado de poesía visual

Yara Franco Castro de 4º ESO acada o 3º posto no XI premio nacional "Avelina Lamas"

Yara Franco Castro, alumna de 4º ESO A, acadou o 3º premio no XI Premio Nacional Avelina Lamas na categoría de poesía visual. Este premio é convocado polo Departamento de Lingua Castelá do IES R.M.Aller Ulloa de Lalín. Nesta categoría o alumnado tiña que combinar un fragmento literario creado (unha reflexión, un breve poema…) cunha imaxe, elaborada esta última en calquera soporte ou formato (collage, acuarela, lapis, fragmentos de obxecto, etc.). Parabéns a Yara polo premio e o traballo realizado!!!

Yara Franco Castro de 4º ESO acada o 3º posto no XI premio nacional "Avelina Lamas"

Directrices sobre uso das máscaras no ámbito educativo galego

Resumo uso da máscara ( adaptación ao ámbito educativo galego do Real Decreto 286/2022, 19 de abril 2022)

OBRIGATORIO

Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1 da orde)

RECOMENDADO

Persoal traballador do centro educativo.

Alumnado do centro educativo.

Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

Máis información no ficheiro anexado ou neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut