Skip to Content

Centro educativo

Alumnado de 6º do CEIPP de Baño e do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo visita o noso centro

Alumnado 6º Primaria dos CEIPs de Valga no laboratorio

O pasado xoves 11 de maio, tivemos a visita do alumnado de 6º de Educación Primaria dos colexios do concello: CEIPP de Baño e CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo. Nunha visita guiada, alumnas e alumnos coñeceron as diferentes instalacións do noso centro, así como algunhas das actividades que se desenvolven en cada curso académico. A actividade foi organizada pola Vicedirección en colaboración co departamento de Orientación. Agardámolos no vindeiro curso!

Alumnado 6º Primaria dos CEIPs de Valga na Biblioteca

Servizos mínimos da folga de transporte escolar do venres 31/03/2023

AVISO IMPORTANTE!!!

Con motivo da folga convocada para o día 31 de marzo de 2023 que afecta ao transporte escolar informámoslle que no DOG de hoxe sae publicado os servizos mínimos 30/03/23.

De acordo co publicado no DOG os servizos mínimos a realizar son as rutas de máis de 4 Km.

Xúntase a orde de servizos mínimos no ficheiro anexado a esta nova.

Xornadas de portas abertas para alumnado 4º ESO dos CPI de Pontecesures e Catoira

Visita alumnado 4º ESO CPI Progreso Catoira

O martes 24 e xoves 26 de xaneiro tivemos dúas xornadas de portas abertas para o alumnado de 4º ESO do CPI de Pontecesures e do CPI Progreso de Catoira. O alumnado destes dous centros puido coñecer de primeira man as instalacións do noso centro (aulas materia, laboratorios, talleres, Biblioteca,...), así como a oferta educativa de Bacharelato e Ciclos formativos, xunto coas actividades que se levan a cabo. O departamento de Orientación e a Vicedirección foron os encargados de deseñar e guiar estas visitas, que ademais contaron coa colaboración de alumnado de 1º e 2º Bacharelato.

Visita alumnado 4º ESO CPI Progreso Catoira

Bo Nadal e Feliz Aninovo dende o IES Plurilingüe de Valga

                              Bo Nadal 2022

O IES Plurilingüe de Valga desexa a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

                              lecturas Nadal 2022  

In memoriam Ismael García Cores

lazoluto Dende o IES Plurilingüe de Valga queremos transmitir as nosas condolencias á familia, amigos, compañeiros e clubs deportivos aos que pertencía o noso exalumno Ismael García Cores, tristemente falecido esta fin de semana cando practicaba unha das súas afeccións. Ismael estivo no noso centro onde completou os seus estudos da ESO e Bacharelato. O seu sorriso permanente quedará por sempre no recordo do noso centro,
 Descansa en paz, Isma.

Distribuir contido


by Dr. Radut