Skip to Content

Centro educativo

Plantación dunha camelia en homenaxe a Sarai Castromán

Homenaxe a Sarai Castromán

No segundo recreo do luns 21 de marzo, e coincidindo coa celebración do "Día da árbore" e o "Día da Poesía", realizouse a plantación dunha camelia de flores brancas en homenaxe a Sarai Castromán. O acto, sinxelo pero moi emotivo, contou cunhas breves palabras do director, Eliseu Mera, coa lectura de dous poemas a cargo das alumnas Victoria Tarrío e Carla Herrero e unha interpretación musical por parte da alumna de 4º ESO Rosalía Muíño.

Homenaxe a Sarai Castromán  Homenaxe a Sarai Castromán

Xornadas de portas abertas para alumnado 4º ESO dos CPI de Pontecesures e Catoira

Alumnado de 4º ESO do CPI de Pontecesurese Catoira

O mércores 16 e xoves 17 de marzo tivemos dúas xornadas de portas abertas para o alumnado de 4º ESO do CPI de Pontecesures e do CPI Progreso de Catoira. O alumnado destes dous centros puido coñecer de primeira man as instalacións do noso centro (aulas materia, laboratorios, talleres, Biblioteca,...), así como a oferta educativa de Bacharelato e Ciclos formativos, xunto coas actividades que se levan a cabo. O departamento de Orientación e a Vicedirección foron os encargados de deseñar e guiar estas visitas, que ademais contaron coa colaboración de alumnado de 1º e 2º Bacharelato.

Prazo solicitude de admisión e prazas vacantes curso 2022/2023

ADMISION ALUMNADO ( ESO- BACHARELATO)

 CURSO: 2022/2023

Normativa - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, regulado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, desenvolvido pola Orde do 12 de marzo de 2013.

 
PRAZO ORDINARIO:  1 ó 21  de marzo de 2022    ANEXO II  

Fóra de Prazo:  do 22 marzo ao 25 abril                  ANEXO I   

Extraordinario: do 26 de abril en adiante                ANEXO III

O IES Valga informa tamén das prazas vacantes para o curso académico 2022-2023 nos distintos cursos da ESO e Bacharelato.

vacantes 2022/2023
 

Publicación do alumnado admitido dos colexios de Baño e Ferro Couselo

Aviso

Todas as solicitudes das reservas de prazas presentadas polo alumnado dos CEIP de Baño-Xanza e CEIP Ferro Couselo, para a matrícula do vindeiro curso 2022-2023 no IES Valga, foron admitidas.

A formalización da matrícula será nosa prazos establecidos.

As listaxes de admitidos están no tabloleiro do noso centro.

Bo Nadal e Feliz Aninovo dende o IES Valga

felicitación de Nadal 2021

Neste ano 2021, marcado polas circunstancias sanitarias que vivimos, o IES Valga desexa a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

Distribuir contido


by Dr. Radut