Skip to Content

Centro educativo

A Directora Xeral de FP visitou o noso centro para impulsar a implantación de tres novos ciclos da FP DUAL

Visita Directora Xeral de FP ao noso centro

A Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou, na mañá do xoves 16 de maio, o noso centro para comprobar as infraestruturas coas que conta e avaliar a necesidade de melloras e novas dotacións de cara a posta en marcha, no curso 2024/25, de tres novos ciclos de FP, en modalidade Dual: os ciclos medios de Mantemento Electromecánico e de Xardinaría e Floraría xunto ao ciclo superior de Mecatrónica Industrial. Nesta modalidade, o alumnado recibirá formación tanto no instituto coma en empresas da contorna, recibindo unha remuneración económica.

A Directora Xeral indicou que “este centro vai ter un gran impulso o vindeiro curso, con novos proxectos de formación Dual, especialmente relacionados coa Fabricación Mecánica, un ámbito empresarial moi potente en Valga e arredores”. Ademais, tamén se vai potenciar a formación en Agroxardinería e, como resultado, “haberá un incremento importantísimo da oferta que responde a unha demanda de profesionais cualificados por parte das empresas da zona”.

Durante a súa visita, Eugenia Pérez coñeceu o funcionamento das aulas de Agroxardinaría, das zonas de cultivo e dos talleres de Fabricación Mecánica e, estivo acompañada do director do Centro, Eliseu Mera, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez.

O IES Plurilingüe de Valga seleccionado no programa de Aulas de Emprendemento na FP 2024.

Logo Aulas Emprendemento FP 2024

 

O noso centro vén de ser seleccionado para a inclusión no programa Aulas de Emprendemento 2024 na Formación Profesional, pasando a formar parte da Rede de Aulas de Emprendemento da Consellería de Educación.
O programa ten como obxectivo a organización de actividades formativas para alumnado da Formación Profesional, coa finalidade da aprendizaxe e mellora das habilidades sociais e competencias profesionais, para facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral como traballadores por conta propia e allea.
O proxecto elaborado e coordinado pola responsable do Departamento de FOL, Yolanda Carbia Castro, será financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte e pola Unión Europea- NextGenerationEU, cunha dotación orzamentaria de 5000€.
A actuación enmárcase na colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte dentro do Plan de Modernización de la Formación Profesional a través da compoñente 20 – Plan Estratégico de Impulso de la Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

O noso centro participou no II Congreso Nacional de Escola Rural en Ribadavia

                          Participamos no II Congreso Nacional de Escola Rural

O pasado venres 3 de maio, estivemos participando no II Congreso Nacional de Escola Rural en Ribadavia, xunto a outros centros educativos de toda España. Alumnado do Ciclo Básico de Agroxardinaría e as profesoras Iria Villar e Bibiana Bértoa deron a coñecer o traballo diario e os diferentes programas que se están a desenvolver no noso centro.

                         Alumnado e profesoras no II Congreso Nacional de Escola Rural

Alumnado do noso centro participou no programa PISA da OCDE

Alumnado nas probas PISA da OCDE

Un total de 48 alumnos e alumnas, nados no 2008, participaron o pasado 30 de abril no Programa para a Avaliación Internacional dos Estudantes (PISA, Programme for International Student Assessment). O noso centro foi un dos seleccionados en Galicia para formar parte da mostra do estudo principal PISA 2025. O alumnado tivo que facer probas que incluíron competencias en ciencias, matemáticas, lectura, inglés, así como a súa aprendizaxe no mundo dixital. Este estudo internacional de avaliación educativa está coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e, no relativo a España, polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE).

Alumnado realizando a proba PISA de Inglés

Alumnado STEMBach de 1º inicia o seu proxecto no Campus de Lugo da USC

Alumnado STEMBach de 1º no Campus de Lugo da USC

O xoves 11 de abril, os alumnos do 1º curso de STEMBach: Antón Meniño e Mario Fernández visitaron a Facultade Politécnica do Campus de Lugo da USC para asistir á reunión inicial dos seus proxectos STEMBach: "Estruturas" e "Visión artificial" dirixidos polos profesores titores dese Campus, Carlos Nuñez Temes e Xosé Ramón Fernández Vidal, respectivamente. Foron acompoañados polo profesorado Bibiana Bértoa e Diego Flores.

Alumnado STEMBach de 1º no Campus de Lugo da USC

Distribuir contido


by Dr. Radut