Skip to Content

Centro educativo

Xornadas de portas abertas para alumnado 4º ESO do CPI de Catoira

 

Visita alumnado 4º ESO CPI Catoira ao taller de Soldadura

O mércores 24 de xaneiro tivemos unha xornada de portas abertas para o alumnado de 4º ESO do CPI de Catoira. O alumnado deste centro puido coñecer de primeira man as instalacións do noso centro (aulas materia, laboratorios, talleres, Biblioteca,...), así como a oferta educativa de Bacharelato e Ciclos formativos, xunto coas actividades que se levan a cabo. O departamento de Orientación e a Vicedirección foron os encargados de deseñar e guiar esta visita.

Alumnado 4º ESO CPI Catoira no espazo do CB de Agroxardinaría

 

 

Xornadas de portas abertas para alumnado 4º ESO do CPI de Pontecesures

Visita alumnado 4º ESO CPI Pontecesures

O xoves 18 de xaneiro tivemos unha xornada de portas abertas para o alumnado de 4º ESO do CPI de Pontecesures. O alumnado deste centro puido coñecer de primeira man as instalacións do noso centro (aulas materia, laboratorios, talleres, Biblioteca,...), así como a oferta educativa de Bacharelato e Ciclos formativos, xunto coas actividades que se levan a cabo. O departamento de Orientación e a Vicedirección foron os encargados de deseñar e guiar esta visita.

Xornada de portas abertas: coñece o IES Plurilingüe de Valga

Xornada de portas abertas 160124

Homenaxe ao noso compañeiro e profesor Javier Hermida

Placa homenaxe a Javier Hermida

"Quero soñar que irei para perderme

alá onde ancoran todos os navíos

e ser pedra de lava, laranxeiro

que chanta sobre ti raíces firmes"

                              X. M. Millán Otero

O luns 20 de novembro, nun emotivo e sinxelo acto, a nosa comunidade educativa fíxolle unha homenaxe ao noso compañeiro e profesor Javier Hermida, recentemente falecido. Neste evento descrubiuse unha placa na entrada aos talleres de Fabricación Mecánica, espazo onde Javier desenvolveu o seu labor docente e que a partir deste momento levará o seu nome. O acto contou coa asistencia do responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, César A. Pérez Ares, o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, ademais do Equipo directivo, membros da ANPA e compañeiros e excompañeiros docentes de Javier.
Placa homenaxe a Javier Hermida

Asistentes á homenaxe a Javier Hermida

COBERTURA DOS EQUIPOS E-DIXGAL

logo Edixgal Anéxase un documento con información a respecto das coberturas do  equipamento do alumnado que pertence ao Proxecto E-Dixgal, así como as  características do servizo integral de reparación.

Distribuir contido


by Dr. Radut