Skip to Content

Centro educativo

Homenaxe ao noso compañeiro e profesor Javier Hermida

Placa homenaxe a Javier Hermida

"Quero soñar que irei para perderme

alá onde ancoran todos os navíos

e ser pedra de lava, laranxeiro

que chanta sobre ti raíces firmes"

                              X. M. Millán Otero

O luns 20 de novembro, nun emotivo e sinxelo acto, a nosa comunidade educativa fíxolle unha homenaxe ao noso compañeiro e profesor Javier Hermida, recentemente falecido. Neste evento descrubiuse unha placa na entrada aos talleres de Fabricación Mecánica, espazo onde Javier desenvolveu o seu labor docente e que a partir deste momento levará o seu nome. O acto contou coa asistencia do responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, César A. Pérez Ares, o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, ademais do Equipo directivo, membros da ANPA e compañeiros e excompañeiros docentes de Javier.
Placa homenaxe a Javier Hermida

Asistentes á homenaxe a Javier Hermida

COBERTURA DOS EQUIPOS E-DIXGAL

logo Edixgal Anéxase un documento con información a respecto das coberturas do  equipamento do alumnado que pertence ao Proxecto E-Dixgal, así como as  características do servizo integral de reparación.

Libros de texto 2023-2024

Pode acceder á listaxe actualizada de libros de texto do IES Plurilingüe de Valga para o curso 2023-2024 premendo na imaxe ou abrindo o ficheiro adxunto.

Listaxe definitiva de axuda ao fondo de libros de texto

Xa se pode consultar no noso Centro a listaxe definitiva de axuda ao fondo de libros de texto.

Listaxe provisional de axuda ao fondo de libros de texto

Xa se pode consultar no noso Centro a listaxe provisional de axuda ao fondo de libros de texto.

Distribuir contido


by Dr. Radut