Skip to Content

Centro educativo

Acto de graduación da promoción de Bacharelato 2015-2017

Alumnado de 2º Bacharelato na súa graduación  Alumnado de 2º Bacharelato acompañado do Alclade de Valga e o profesorado asistente ao seu acto de graduación O xoves 25 de maio, no Auditorio de Cordeiro, tivo lugar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2015-2017.

Marcela Rodríguez de 4º ESO gañadora do Concurso de Teatro do Concello de Valga

A alumna de 4º ESO, Marcela Rodríguez Portas, foi a gañadora do concurso de teatro que organiza o Concello de Valga “A Guerra da Independencia en Valga” con motivo da celebración da Batalla de Casaldeirigo. A obra gañadora,  "Unha aldea guerreira", será representada o vindeiro sábado 27 de maio, dentro dos actos da recreación da batalla que contra os franceses libraron os veciños de Valga.  
   

Listaxe provisional de admitidos curso 2017-2018

Listaxe provisional de admitidos  en ficheiro adxunto

Prazo de admisión de matrícula 2017-2018

Desde o IES de Valga infórmase do inicio do procedemento para a admisión do alumnado en centros sotidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Asemesmo, infórmase da oferta de postos escolares en ESO e Bacharelato, así como a presentación de solicitudes, documentación para o baremo, listaxe provisional de admitidos e prazos odinario e extraordinario de matrícula.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 

Nos documentos adxuntos pódese consultar toda esta información. No seguinte enlace ADMISIÓN ALUMNADO pódese facer a solicitude online.

Xubilación do noso compañeiro José Manuel Chenlo

Xubilación de J. M. Chenlo  Xubilación de J. M. Chenlo Onte, día 21 de febreiro, tivo lugar a despedida por xubilación do noso profesor de Física e Química, José Manuel Chenlo. No seu último día de clase quixemos agasarlle cun pequeno detalle, mostrándolle o noso agarimo, despois do seu paso profesional e humano polo IES Valga.    
   
Distribuir contido


by Dr. Radut