Skip to Content

Centro educativo

O Pleno do Concello aproba a cesión dunha parcela de 3.000 metros para o ciclo de Agroxardinería

terreos para o ies

A Corporación municipal do concello de Valga aprobou por unanimidade a cesión á Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades dunha parcela de 3.000 metros cadrados de superficie para a implantación, no noso centro, do novo ciclo de Formación Profesional Básica de Agroxardinería e Composicións florais, que comezará a impartirse no vindeiro curso 2022-2023. Este espazo permitirá habilitar as infraestruturas axeitadas para a realización dos módulos teóricos e prácticos do ciclo: unha aula polivalente, un almacén e unha superficie de xardín, invernadoiro e viveiro de 1.300 metros cadrados.
O ciclo, da rama profesional vencellada ao sector agrario, poderá contar cun máximo de 30 alumnas e alumnos, e centrarase na elaboración de composicións con flores e plantas, operacións auxiliares en cultivos, produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinería.

O director do IES de Valga, Eliseu Mera, agradece ao equipo de goberno e ao conxunto da corporación municipal "a súa xenerosidade e sensibilidade no fomento do aumento da oferta educativa en favor das posibilidades de inserción laboral, especialmente do alumnado máis vulnerábel".

Máis información picando neste enlace.

O Concello de Valga prevé a cesión dunha parcela para o CB Agroxardinaría e composicións florais

iesvalga

A Comisión Informativa especial de Contas, Economía, Facenda, Patrimonio e Interior estudiará, o vindeiro mércores 29 de xuño, a proposta que o equipo de goberno do concello de Valga levará ao próximo pleno para a cesión á Consellería de Educación dunha parcela anexa ao centro, de titularidade municipal, para continuar ampliando tanto as instalacións coma a oferta educativa do noso centro e poder así implantar un novo ciclo da formación profesional básica, concretamente o CB Agroxardinaría e composicións florais. Nos terreos obxecto de cesión gratuíta está previsto que se acondicionen os espazos precisos para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo, tanto teóricas coma prácticas, a partir do vindeiro curso 2022-2023.
Máis información picando neste enlace.

Matrícula para o curso 2022-2023 (ESO, Bacharelato e ciclos)

Matrícula para o curso 2022-2023 (ESO, Bacharelato e ciclos)

ESO e Bacharelato
Os sobres de matrícula van estar na Conserxaría para seren recollidos entre os días 27 e 29 de xuño, en horario ininterrompido de 9h00 a 21h00. O alumnado de 2º e de 4º ESO lévaos no día da recollida dos consellos orientadores, por tanto non é necesario vilos buscar ao centro.
O período de matrícula é o seguinte en horario de 9h00-14h00:
- 1º e 2º Bacharelato: xoves, 30 de xuño.
- 3º e 4º ESO: venres, 1 de xullo.
- 1º e 2º ESO: luns, 4 de xullo.

Ciclos formativos
Nos ficheiros anexos pódese localizar información a respecto dos prazos do proceso de admisión para a FP básica, réxime ordinario e de persoas adultas e dual, á que tamén se pode acceder premendo nas correspondentes ligazóns.
Lembramos que para este novo curso, incorpórase á oferta da FP básica o CB Agroxardinaría e composicións florais.
A petición de admisión débese realizar na aplicación Ciclos admisión nas datas indicadas.

Visita do alumnado de 6º do CEIP de Baño-Xanza e CEIP Ferro Couselo

Visita alumnado sexto primaria CEIP de Baño-Xanza e CEIP Ferro Couselo

O pasado 26 de maio estivo no noso centro o alumnado de 6º curso de educación primaria do CEIPP de Baño e do CEPP Xesús Ferro Couselo. Antes de percorrer as instalacións,  alumnas e alumnos de 1º ESO, contáronlles como viviron este primeiro ano. Atenderon moito!.
Agardámolos con moita ilusión no vindeiro curso

Distribuir contido


by Dr. Radut