Skip to Content

Centro educativo

Acto de graduación da promoción de Bacharelato 2019-2021

Graduación alumnado 2º Bacharelato promoción 2019-2021

O venres 21 de maio, no patio do noso centro e seguindo as medidas sanitarias vixentes pola COVID-19, tivo lugar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2019-2021. Presentado polo alumno Pedro Ramos, foi un acto entrañable e emotivo; así en nome dos seus compañeiros de promoción, Óscar Ferreiro fixo un repaso aos anos que pasaron no Centro. Tamén houbo discursos do director, Eliseu Mera, das madriñas e padriños: Mar Tejero, Loli Rego, Raúl Gómez e Víctor González xunto co do alcalde, José María Bello Maneiro, o cal estivo presente no acto, ademais da concelleira de Educación, o presidente da ANPA e por suposto profesorado e familias. Ademais non podía faltar a entrega de diplomas ao alumnado graduado, mentres que María Ortigueira foi premiada como a alumna co mellor expediente.

Parabéns!!! a todo o alumnado graduado. Picando neste enlace  podes ver máis fotografías e información deste acto.

 

Alexandra Bandín e Samuel Rial gañadores do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

Gañadores do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

 O xurado do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021 que forma parte de Regueifas de Ciencia 2021, unha iniciativa da USC financiada pola FECYT, anunciou que o equipo do IES Valga formado por Alexandra Bandín de 1º Bacharelato e Samuel  Rial de 4º ESO resultou finalista e gañador deste certame. Mencionar tamén que este equipo, que defendeu a postura en contra nun debate sobre a legalización da maternidade surrogada en España, tivo como moderadora a Alicia Iglesias (1º Bacharelato) e como colaboradores ao alumnado Noelia Miguéns (1º Bacharelato) e Rodrigo Vidal (4º ESO), sendo coordinados polas profesoras Dulce Serramo e Loli Rego.

 O xurado valorou moi positivamente a relevancia e actualidade dos temas escollidos, a boa preparación das intervencións dos/as poñentes e a súa capacidade de argumentación. Ademais, o respecto ao formato proposto por Regueifas foi excelente, destacando tamén o papel dos/as moderadores/as dos debates.

Parabens!!! a todo o equipo por este recoñecemento.

Equipo IES Valga II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

Estudantes de Catoira verán reforzado o servizo de autobús para o seu traslado a noso centro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará, a partir da vindeira semana, os servizos de autobús no concello de Catoira, para facilitar o desprazamento diario dos estudantes deste municipio que cursan os seus estudos no IES de Valga. Será a partir do luns 3 de maio cando o alumnado deste municipio veciño poida dispor do servizo de transporte público da Xunta ao IES de Valga, atendendo desta forma á solicitude da ANPA do CPI Progreso de Catoira.  O horario de funcionamento deste servizo de autobuses será o seguinte:

  • os servizos de mañá sairán ás 7:45 horas desde Catoira-Área Estacionamento, con chegada ao IES ás 08:27
  • o itinerario de mediodía partirá do instituto ás 14:30 horas con chegada a Catoira ás 14:50 e será atendido co roteiro do IES de Valga-Choren
  • para a xornada lectiva das tardes do luns establécese a saída de Catoira ás 16:00 horas e a chegada ao IES ás 16:20, prevéndose o regreso ás 18:15 horas

Máis información picando no seguinte enlace da páxina da Xunta de Galicia

Oferta de emprego en Extrugasa

Oferta de emprego en Extrugasa

Distribuir contido


by Dr. Radut