Skip to Content

Información do Ciclo Superior de Construcions Metálicas

CS Construcións metálicas

IES de Valga 

 O noso centro vos ofrece a posibilidade de cursar este ciclo superior que ten moitas saídas profesionais e dispoñemos dunhas boas instalacións para a túa formación.

 

Este ciclo ten gran demanda das empresas e con unha incorporación ao mercado laboral de case un 100%.

Aulas moi ben equipadas con software CAD 2D e 3D, de CAD/CAM para corte, e de plegado CNC

 

Software CNC plegado Software CNC anidado para corte en plasma

 Talleres cunha completa maquinaria: máquinas de soldadura TIG, MIG/MAG, pregadoras convencionais e CNC, cizallas, máquina de corte CNC, tornos, fresa...

 

     - Competencia xeral

- Deseñar produtos de caldeiraría, estruturas metálicas e instalacións de tubaxe.

- Planificar, programar  e controlar a súa produción, partindo de planos e documentación técnica.

- Controlar a calidade dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

 - Contorno profesional 

Industrias dedicadas á:

   - Construcción, montaxe e reparación de construcións metálicas.

   - Fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial

   - Talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles

   - Construción e reparación naval, instalacións petroquímicas

 

- Módulos profesionais do ciclo formativo   [2.000 horas]

1º Curso

- Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica   160 h

- Representación gráfica en fabricación mecánica 213 h

- Deseño de construcións metálicas  267 h

- Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas 213 h

- Formación e orientación laboral (FOL) 107 h

2º Curso

- Programación da produción  140 h

- Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental 105 h

- Definición de procesos de construcións metálicas 140 h

- Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas 192 h

- Empresa e iniciativa emprendedora 53 h

- Proxecto de construcións metálicas 26 h

- Formación en centros de traballo (FCT) 384h

 

 -Saídas profesionais.

-Técnico en construción mecánica e en desenvolvemento de tubaxes.

-Deseñador técnico ou delineante proxectista de caldeiraría e estruturas metálicas.

-Xefe de taller en construcións metálicas e montaxe.

-Encargado de montaxe en  construcións metálicas.

-Programador de sistemas automatizados en fabricación mecánica.

Programador e operador de CNC

  

 

Video promocional CS Construcións Metálicas 1

 

              Video promocional CS Construcións Metálicas 2

 

  

Este centro imparte Ciclos Formativos 
cofinanciados polo Fondo Social Europeo

 

 

Voltar a páxina principal do departamento de F. Mecánica


page | by Dr. Radut