Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 11 horas 34 min

Carmen Pomar subliña a consolidación do FP Innova como escaparate do liderado e a innovación da Formación Profesional galega

Xov, 09/05/2019 - 15:58
Summary: A conselleira de Educación destacou a aposta do Goberno galego por unhas ensinanzas de FP de calidade e adaptadas ao tecido socioeconómico, que recibirán un novo impulso cun plan específico de dinamización no ámbito da FP Dual para os próximos anosCon motivo deste cuarto Congreso de Innovación da Formación Profesional, uns 36 proxectos innovadores e 18 miniempresas creadas por alumnado e profesorado de 51 centros poden visitarse ata mañá na Cidade da Cultura Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou hoxe que o FP Innova é xa unha cita consolidada como escaparate da Formación Profesional galega máis innovadora e emprendedora. A conselleira clausurou hoxe a xornada técnica da cuarta edición deste congreso, que durante tres días reúne en Santiago unhas 8.000 persoas entre alumnas e alumnos, docentes e profesionais, ademais doutros 6.000 visitantes estimados.

Carmen Pomar salientou a importancia deste evento na medida en que aglutina “os proxectos innovadores nos que se está traballando nos centros; o interese empresarial nesa innovación para facer os seus negocios máis competitivos nun mercado global; a presenza de milleiros de alumnas e alumnos, ben amosando o seu traballo, ben observando para decidir o seu futuro; así como o labor dos docentes que demostran a súa capacidade de motivación e liderado na procura dun mellor nivel formativo”.

Para a conselleira FP Innova 2019 é tamén sinónimo do “grande esforzo” que se está facendo desde os centros para potenciar unha Formación Profesional de calidade, adaptada á realidade socioeconómica galega mediante a especialización por sectores produtivos. Proba disto é que neste congreso se dan cita 51 centros e 67 empresas colaboradoras, con 36 proxectos de innovación e 18 miniempresas creadas polo alumnado e o profesorado no marco do Eduemprende.

Neste senso a conselleira aludiu ao apoio do Goberno galego por aproveitar as sinerxías entre as aulas e o sector empresarial con iniciativas como os viveiros de empresa ou a aposta pola FP Dual, á que se lle vai dar un novo impulso nos vindeiros anos cun plan de dinamización específico.

Ata a xornada de mañá, na que pechará as súas portas a feira, as persoas que se acheguen ata o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (onde se celebra o evento) poderán experimentar en primeira persoa coas novas tecnoloxías, participar nalgúns dos diferentes obradoiros sobre robótica aplicada, deseño e impresión 3D, experimentar con vehículos non tripulados ou con simulacións virtuais, e ver de cerca o traballo do alumnado de FP de Galicia en ámbitos como a electrónica, imaxe persoal, artes gráficas, téxtil, repostaría, técnicas culinarias ou coctalaría, entre outros.

O congreso completouse cunha xornada técnica celebrada onte e hoxe que incluíu relatorios de expertos e mesas de debate sobre o factor dinamizador da formación profesional na industria, o papel das mulleres na área STEM, a tecnoloxía 5G, o novo concepto de mobilidade, as novas tecnoloxías no sector marítimo-pesqueiro, ou os desafíos de compartir a vida con robots.

Información xeralFormación Profesional inicialProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Corrección de erros da Resolución do 29 de abril de 2019 pola que se convoca o premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019

Xov, 09/05/2019 - 11:37
Idioma GallegoAnuncio principal: Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Corrección de erros da Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación educativa, pola que se convoca o premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019.

 

Tema: Atención á diversidadePremios autonómicosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Servizo de Inclusión e Orientación EducativaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: Atención á diversidade e orientación
Categorías: Administración

Convocado o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/2019

Xov, 09/05/2019 - 11:14
Idioma Gallego

Resolución do 9 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/19.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 31 de maio de 2019.

 

File:  Resolución do 9 de maio de 2019 AnexoTema: Plan ProxectaEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación
Categorías: Administración

Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/2019

Xov, 09/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Orde do 23 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

File:  Orde do 23 de abril de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 23 de abril de 2019 (DOG)Tema: BolsasErasmusEnsinanza: Ensinanzas de réxime especialEnsinanzas superiores de arte dramáticaEnsinanzas superiores de deseñoEnsinanzas superiores de músicaDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

A Xunta comezará este ano as obras do novo Centro Galego de Innovación da FP en Ourense

Mér, 08/05/2019 - 20:46
Summary: A conselleira de Educación explicou no Parlamento que os traballos poderían comezar a finais de outubro O edificio contará cunha cuberta superior vexetal e estará dividido en catro áreas de traballo flexibles e adaptables ás distintas necesidade de usosSituarase na Antiga Escola de Mariñamansa, unha zona estratéxica da cidade das Burgas Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento comezará as obras de construción do novo Centro Galego de Innovación da FP en Ourense este mesmo ano. “Unha vez definido o proxecto básico, a Consellería de Educación agarda poder dispor do proxecto de execución arredor do 15 de xullo, co obxectivo de licitar as obras nese mesmo mes e poder comezar as mesmas a finais do mes de outubro”, sinalou.

O centro situarase na antiga Escola Fogar de Mariñamansa, un edificio de 2.600 metros cadrados “que merece a pena recuperar porque ocupa un lugar estratéxico, ao  estar próximo ao CIFP A Farixa”, indicou. Isto permitirá reciclar a estrutura e os peches exteriores do edificio existente e introducir aquelas modificacións que permitan converter o interior da Antiga Escola nun espazo o máis diáfano posible, con particións flexibles que permitan espazos intercambiables segundo as distintas necesidades de usos.

Respecto das características do edificio, Pomar sinalou que terá unha cuberta superior vexetal, sobre a que se estenderá a instalación solar fotovoltaica do edificio e na que haberá áreas para situar toda a maquinaria de instalacións que se poidan precisar. O edificio terá catro áreas de traballo similares, nas que se garantirá “a flexibilidade e capacidade de adaptación a novos usos de cada unha delas, así como a súa independencia e intercambio dentro da organización xeral do edificio”. O obxectivo do proxecto é “adoptar solucións técnicas encamiñadas a conseguir unha maior eficiencia enerxética e un menor consumo, así como dotar ás instalacións das condicións e mecanismos que o fagan saudable, seguro, confortable e eficiente”, explicou a conselleira.

Colaboración

Carmen Pomar lembrou que a construción do Centro Galego de Innovación da FP en Ourense é posible grazas ao convenio asinado pola Xunta e a Deputación de Ourense o pasado 1 de marzo. A través del, a Deputación de Ourense achegará 5 millóns de euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria poñerá 1,5 millóns e a Consellería de Educación destinará 3,4 millóns para a rehabilitación do edificio da Antiga Escola de Mariñamansa  e para os gastos de funcionamento do centro.

A conselleira fixo fincapé na necesidade de sumar esforzos en prol do obxectivo último deste centro, “apostar pola investigación, pola innovación, pola creatividade e polo talento entre o alumnado da FP, favorecendo o desenvolvemento industrial e a incorporación das novas tecnoloxías e dotando de capital humano altamente cualificado ao tecido produtivo galego”.

Neste sentido, lembrou que desde este centro, “que está previsto que entre en funcionamento en 2020”, potenciarase unha formación profesional adaptada á industria 4.0 para que as empresas poidan contar con persoal cualificado e impulsaranse proxectos de innovación aplicada, novas contornas virtuais de simulación, de xeración e proxectos empresariais e de transferencia aplicada de patentes. Así mesmo, e sempre co obxectivo de sumar forzas, “favorecerase a creación de sinerxías co sector produtivo, mediante a transferencia de coñecemento dos centros á industria”.

Para conseguir estes obxectivos, o Centro contará con dúas coordinacións técnicas. Unha delas estará centrada na I+D+i, “con áreas que traballarán en metodoloxías para á industria 4.0, o Internet das cousas ou as patentes”; mentres que a outra o estará en emprendemento industrial, “que se encargará do asesoramento, seguimento, orientación e impulso dos proxectos, coa previsión de abrir o primeiro viveiro industrial de FP”, explicou Carmen Pomar.

Desta forma o Centro Galego de Innovación da FP de Ourense, “chamado a ser o motor da innovación e do emprendemento destas ensinanzas en Galicia”, converterá á cidade das Burgas “no centro común de alumnos, profesores e empresas vencelladas a esta modalidade, funcionando ademais como elemento de conexión e soporte para os 269 centros educativos con oferta de formación profesional”, sinalou.

Construcións e mellorasFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Administración

Proposta de concesión das axudas a estudantes universitarios para estadias nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019

Mar, 07/05/2019 - 14:13
Idioma Gallego

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data de 7 de maio de 2019, elevar á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a seguinte proposta de concesión de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

  • O prazo de xustificación remata o 12 de setembro de 2019.
Anuncio principal: Convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese paísTema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Mar, 07/05/2019 - 13:58
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Servizo relacionado: Premios ao alumnadoTema: Premios autonómicosEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar salienta a importancia da implicación do conxunto da comunidade educativa na consecución do éxito escolar

Mar, 07/05/2019 - 13:23
Summary: A conselleira visitou esta mañá tres centros educativos da provincia de Lugo Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou esta mañá a importancia da implicación do conxunto da comunidade educativa na consecución do éxito escolar e dun ensino de calidade. Fíxoo nunha visita ao IES Muralla Romana, na cidade de Lugo, onde tivo a oportunidade de coñecer as diferentes iniciativas que desenvolve o centro en prol do apoio ao alumnado.

Neste sentido, o instituto lucense desenvolve este ano dúas liñas dos contratos-programa, unha delas a de Reforzo, orientación e apoio (PROA), dirixida a mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias. Así mesmo, traballa sobre a terceira liña, para a mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, que contempla todas as accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa.

O centro dispón, así mesmo, dunha biblioteca escolar moi activa que acolle o club de lectura Lecturas e Andanzas e co distintivo de calidade Selo Vida Saudable.

O IES Muralla de Lugo conta con máis de 900 alumnas e alumnos e oferta este curso ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP Básica e ciclos formativos de grao medio e superior nas familias profesionais de Administración e xestión, Imaxe persoal, Informática e comunicacións, así como un ciclo de FP Dual no ciclo de grao superior en Estética integral e benestar, en colaboración con Inversiones Hoteleras de Galicia, S.L.

CEIP Plurilingüe Santa María

A conselleira aproveitou a súa visita á provincia de Lugo para achegarse a coñecer os centros educativos da Fonsagrada, dos que destacou a súa participación no Plan Proxecta, marco dos programas educativos desenvolvidos desde diferentes consellerías e organismos da Xunta de Galicia.

Neste eido o CEIP Plurilingüe Santa María traballa sobre a iniciativa Aliméntate ben (organizado polas consellerías do Mar, Medio Rural e Sanidade), para a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado, así como co Proxecto Deportivo do Centro, impulsado desde a Secretaría Xeral para o Deporte para a constitución dunha rede de centros promotores de vida activa e saudable.

Pola súa banda, o IES Plurilingüe Fontem Albei participa no programa Clases sen fume, desenvolvido pola Consellería de Sanidade para a prevención do tabaquismo; na iniciativa Correspondentes xuvenís 3.0, coa que a Consellería de Política Social promove a difusión de información de interese para o alumnado a través da creación dunha rede de correspondentes xuvenís nos institutos; e en Por 365 días de respecto e igualdade, para a prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

No CEIP Plurilingüe Santa María a conselleira interesouse tamén polas diversas actividades de dinamización que se realizan na biblioteca (que forma parte do Plan de Mellora) arredor do Día Mundial Contra o Acoso Escolar, do Día do Libro ou da robótica, entre outras; así como pola súa participación este curso no Voluntariado de Lectura-A, co que se procura estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

O colexio fonsagradino traballa, ademais, na segunda liña dos contratos programa, centrada nas accións para a mellora da competencia matemática e en comunicación lingüística; e, ademais de ser plurilingüe, conta cunha sección bilingüe.

No caso do IES Fontem Albei, que participa no programa Piteas de formación para o desenvolvemento do talento, Carmen Pomar puido comprobar o funcionamento da iniciativa de libro dixital E-Dixgal, así como da miniempresa creada polo centro no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia (Eduemprende).

Información xeralEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e de equipos electrónicos (591202)

Mar, 07/05/2019 - 12:18
Idioma Gallego

Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsFile:  Resolución do 7 de maio de 2019 Corrección de erros á Resolución do 7 de maio de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Bibliotecas Escolares Solidarias: centros seleccionados na acción Voluntariado de lectura-A (primaria)

Mar, 07/05/2019 - 11:41
Idioma GallegoAnuncio principal: Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019Achégase arquivo coa Resolución de 7 de maio de 2019 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 30 de novembro de 2018, do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Esta convocatoria foi ampliada pola Resolución de 15 de abril de 2019, da mesma dirección xeral na que se concretaban algúns aspectos relacionados con dúas accións integradas neste programa: Voluntariado de lectura-A (para alumnado de 5º e 6º de primaria) e o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".
  Resólvese  nesta resolución a modalidade Voluntariado de Lectura-A, coa selección de 10 centros de Voluntariado de lectura-A entre os 82 centros participantes neste curso 2018/2019, aos que se lles concede a organización, no propio centro, dun obradoiro relacionado coa narración oral e a lectura expresiva, o laboratorio de radio, a realización dun audiovisual ou xogos cooperativos e tradicionais ou a música e danza tradicionais, que cada centro deberá elixir segundo o seu interese e que irá dirixido a un grupo de alumnos e alumnas participantes no programa de voluntariado. 
   Este programa desenvólvese coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Educación primariaDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Selección de estadías formativas en empresas para profesorado de Formación Profesional 2019. Resolución provisional

Mar, 07/05/2019 - 09:30
Idioma GallegoPublicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

O prazo para efectuar reclamacións, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  Tema: Información xeralProgramas e plansEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Mar, 07/05/2019 - 09:07
Idioma GallegoPublicadas a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria  ordinaria 2019.
  Publicadas instrucións e a asociación de centros e de sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2019.
  Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Publicación das cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Mar, 07/05/2019 - 08:48
Idioma Gallego

Publicadas as cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019.

 

 

Tema: Información xeralEnsinanza: Bacharelato de adultosDepartamento: Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas AdultasColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Os centros de infantil e primaria afondarán na figura de Antonio Fraguas cunha guía didáctica do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo

Lun, 06/05/2019 - 14:43
Summary: A conselleira de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística entregáronlle ao centro o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2019 Na categoría de secundaria foi gañador o IES Álvaro Cunqueiro (Vigo)Os proxectos gañadores distribuíranse en máis de 2000 puntos de Galicia e do exterior para festexar as Letras Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron hoxe o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo), nun acto celebrado no propio centro educativo. O certame escolar conta tamén coa colaboración de Feiraco, que estivo representada pola súa delegada comercial, Conchi García.

Carmen Pomar destacou o interese e o compromiso dos membros da comunidade educativa deste centro na elaboración dun traballo gañador que é “froito de factores como o traballo en equipo, a colaboración entre disciplinas, ou a implicación de profesorado e alumnado”.

A conselleira fixo ademais fincapé en que o proxecto plasma á perfección os valores de Antonio Fraguas, “unha persoa boa e xenerosa, un mestre con verdadeira entrega e vocación ao ensino”, e cun gran amor pola cultura e polas tradicións galegas. Citando ao actual presidente da Real Academia Galega, convidou o alumnado a seguir investigando na figura e na obra de Antonio Fraguas, pois “el abre para todos nós a explicación profunda da nosa identidade: o tesouro inmenso da cultura popular”.

Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística incidiu no feito de que “nos carteis que gañaron o concurso percíbese o enorme traballo que hai detrás da exposición gañadora, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado”; un traballo que, en opinión de Valentín García, levou os rapaces e rapazas de Carballo “a coñecer moito mellor a Antonio Fraguas e a ver nel un exemplo de comportamento coherente e comprometido coa lingua e coa cultura galegas”.

Valores e estética

O centro carballés, vencedor deste certame por segunda vez, obtivo o galardón na categoría de infantil e primaria polo seu traballo Antonio Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. O xurado salientou o traballo deste colexio por plasmar a vida e a obra do intelectual galeguista a través dun “harmonioso conxunto de carteis en que o coidado estético se combina co emprego das tecnoloxías da información e da comunicación” para ofrecer unha imaxe de Fraguas como “docente e estudoso” e para destacar na súa traxectoria “os valores de bondade, xenerosidade e, sobre todo, amor pola cultura e polas tradicións galegas”.

O traballo gañador está composto por 10 carteis orixinais e inéditos de 70x50 centímetros acompañados dunha guía con actividades que orientan a observación da mostra e fomentan o labor de investigación do alumnado.

Premios e difusión

O Concurso-Exposición Letras Galegas forma parte da programación institucional que a Xunta de Galicia vai desenvolver nas vindeiras semanas en honra de Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedicará o vindeiro 17 de maio, e que pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

Ademais da categoría na que foi premiado o centro carballés, o concurso contemplaba outra para os centros de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais, ensinanzas deportivas e ensinanzas de idiomas, na que foi galardoado o IES Álvaro Cunqueiro (Vigo), polo traballo Insuela. Del o xurado destacou “a perfección técnica”, que “se conxuga coa modernidade” nunha serie de carteis que mostran “a traxectoria vital e o legado intelectual de Antonio Fraguas -unha obra dignificadora da cultura popular e das tradicións galegas a través de disciplinas diversas como a etnografia, a xeografía ou a historia- de forma parella ás circunstancias que condicionaron o devir histórico da Galicia do século XX”.

As exposicións gañadoras difundiranse no Portal da Lingua Galega e serán distribuídas por máis de 2000 puntos de interese: centros educativos, lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos, entidades da Rede de Dinamización Lingüística, centros da emigración ou bibliotecas, entre outras. O obxectivo desta difusión é achegarlle ao alumnado, á sociedade galega, á colectividade emigrante e ao estudantado de galego no estranxeiro a figura de Antonio Fraguas Fraguas, a súa obra e o tempo que lle tocou vivir.

Os dous centros educativos gañadores reciben cadanseu premio en metálico por importe de 2000 euros, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha das exposicións seleccionadas obtén unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

Premios autonómicosLingua galegaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar coñece os programas educativos do CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral)

Lun, 06/05/2019 - 12:39
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Vicente Otero Valcárcel, onde coñeceu os diferentes programas educativos que desenvolve o centro. No seu percorrido polo centro estivo acompañada polo delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, e polo alcalde de Carral, Jose Luis Fernández Mouriño.

A conselleira agradeceu ao equipo directivo e docente do centro o esforzo que está a facer para apoiar o alumnado con dificultades. Neste sentido, o CEIP desenvolve este curso a primeira liña dos contratos-programa, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), que busca mellorar as perspectivas escolares deste alumnado a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Así mesmo, Carmen Pomar destacou o traballo que se realiza desde a biblioteca do centro, que forma parte do Plan de Mellora (Plambe), e que queda reflectido nun blog moi activo no que se recollen as diferentes iniciativas desenvolvidas arredor do libro e da lectura, así como outras experiencias interdisciplinares do centro. O centro mantén, ademais, outros blogues como Aprendendo Xuntos, Moita miga, As Clases de Segundo ou outros específicos nas materias de Inglés e Educación Física.

Programas e plansEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/2020

Lun, 06/05/2019 - 10:20
Idioma Gallego

Resolución do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/20.

  O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2019.

File:  Resolución do 22 de abril de 2019 (DOG) Resolución do 22 de abril de 2019Tema: Programas e plansCualeEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2018/2019

Lun, 06/05/2019 - 08:52
Idioma GallegoPublicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de reclamación: do día 7 ao 9 de maio ata as 13.00 horas, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
 

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

A Consellería de Educación convoca a primeira edición do Premio ás boas prácticas de educación inclusiva

Dom, 05/05/2019 - 12:00
Summary: O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de maio Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar a primeira edición do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva. O galardón vai dirixido aos centros docentes sostidos con fondos públicos e está dotado dunha contía total de 18.000 euros. Este galardón nace como unha medida para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes así como o recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Establécense dúas categorías, unha delas destinada a centros de educación infantil e primaria e a outra a ESO, bacharelato e FP básica. Cada una das categorías contará con 1º, 2º e 3º premio (de 5.000, 2.500 e 1.000 euros, respectivamente) e cun accésit de 500 euros.

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán nunha memoria descritiva o conxunto de boas prácticas de inclusión realizadas. Nesta deberase describir tanto os niveis, áreas, materias e módulos nas que se desenvolveron estas accións como o profesorado implicado, os obxectivos, os contidos, as metodoloxías activas empregadas, o procedemento de avaliación e a implicación da comunidade educativa e da contorna do centro, entre outros detalles. A documentación enviarase ao enderezo electrónico inclusioneducativa@edu.xunta.gal. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de maio de 2019.

As iniciativas premiadas poderán ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.

 

Atención á diversidadePremios autonómicosEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional BásicaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Inclusión e Orientación EducativaProfesoradoAlumnadoCentrosAtención á diversidade e orientación
Categorías: Administración


by Dr. Radut