Igualdade

A Brigada Violeta prepara o 25-N - 2022

         
Co 25-N á vista a Brigada Violeta prepara unha gran reivindicación contra as violencias machistas e anuncia que en breve disporá na web do centro dun espazo para que todas e todos poidamos seguir as actividades e accións do noso equipo.     

3ª Semana da Diversidade - 2022

 

Rematando o curso celebramos no IES Chapela a 3ª Semana da Diversidade, coa que demostramos unha vez máis que somos un centro inclusivo, que defende e loita pola liberdade das persoas e a diversidade sexual. Cada día, nos segundos recreos, a Brigada Violeta organizou unha iniciativa diferente co fin de visibilizar e apoiar a diversidade: izamos a bandeira LGTBI, creouse un mural colectivo, repartíronse pulseiras, engadimos unha frase no noso banco da diversidade e ata se realizou unha performance.

Só un mundo diverso poderá ser un mundo libre, e nós sempre estaremos de lado da liberdade. 

I Encontro Equipos de Igualdade - Baiona 2022

A Brigada Violeta do IES de Chapela participou este 22 de abril no Parador de Baiona no I Encontro de Equipos de Igualdade da provincia de Pontevedra. O Equipo de Igualdade do IES 1º de marzo, o Club da Diversidade do IES Valadares, o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda e a Asemblea Coeducativa do IES La Cañuela (Toledo), tamén estiveron presentes.

O alumnado compartiu as boas prácticas en materia de igualdade que se realizan nos seus institutos, e deu testemuña de que queremos dos centros espazos educativos seguros para construír un futuro en igualdade.

Orgullosas e orgullosos do compromiso, da implicación, da forza e valentía dun alumnado que impulsa un cambio imparable na nosa sociedade. Grazas pola emoción.

8M - 2022 - Día Internacional da Muller

8M Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, a educación é a vía que nos permitirá a todos e todas vivir nunha sociedade xusta e igualitaria, o equipo de Igualdade "Brigada Violeta" do IES de Chapela lémbrao ao son dos tambores:

E agora que estamos xuntas,

e que agora que si nos ven,

abaixo o patriarcado, que vai caer, que vai caer

arriba o feminismo, que vai vencer, que vai vencer

8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller

Campañas a prol da igualdade do alumnado de Integración Social - 8M - 2022

O alumnado do Ciclo Superior de Integración Social, malia cursar os seus estudos a distancia, tamén celebra o 8 de marzo co resto da comunidade educativa do IES de Chapela e quere compartir convosco unha mostra de vídeos, carteis, trípticos e infografías que fixeron como parte de distintas campañas que deseñaron para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Podedes acceder a estes materiais na seguinte ligazón:

 

 https://drive.google.com/drive/folders/1jijVVtz8d0fHKqo7CUEQzEvmjRFeYH6U?usp=sharing

Obradoiro - Medios de comunicación como axente de cambio contra a violencia machista - 2022

O 12 de marzo no Multiusos A Xunqueira terá lugar un obradoiro en relación ao papel dos medios de comunicación como axentes de cambio contra a violencia machista. No mesmo participará o noso exalumno, veciño e amigo, Joshua Alonso Mateo en calidade de promotor da igualdade entre homes e mulleres, xunto a Patricia Costa, xornalista de RNE. Para máis información pica aquí: II Xornadas “Gemma Pereira Otero” Mulleres e Igualdade.

25-N - 2021: o IES de Chapela clama contra a Violencia de Xénero

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, dende o IES Chapela levamos a cabo a iniciativa “25N – tirando no fío”, un acto coordinado polo Equipo de Igualdade do centro, “Brigada Violeta”. Este ano quixemos darlle visibilidade a diferentes manifestacións de violencias contra a muller no mundo: o feminicidio, a mutilación xenital feminina, o matrimonio infantil concertado, a trata de mulleres, as agresións sexuais e o control por parte dos mozos nas relacións adolescentes. Para isto, dende as diferentes zonas do patio, o alumnado da Brigada Violeta destapou unhas caixas previamente cubertas cunha tea. Cada unha destas caixas –que conteñen imaxes, textos e outros datos– está centrada nun destas violencia. A exposición pode verse no vestíbulo do centro durante toda a semana próxima. 

Ademais na xornada da tarde co alumnado de FP modular completouse cun acto de denuncia e reivindicación no que se cantou o tema  “Hymne des femmes do grupo Habelas Hainas, un recital poético dun poema de Sesé Mateo así como se reproduciu un poema colectivo realizado polo alumnado de APSD modular (H2).

     
Ademais, ao longo deste mes, en colaboración co Concello e outras entidades, estanse a realizar no centro diversos obradoiros e actividades para a sensibilización e prevención da violencia machista na mocidade.    
     

As actividades do noso centro foron obxecto de seguimento en medios de comunicación como RadioVigo, que entrevistou a nosa orientadora e profesora da materia Igualdade de Xénero, Tamara Bermúdez Garea.

 

  BRIGADA VIOLETA   

Sesé en Chapela - 2021

Xela Arias no IES de Chapela - 2021

Humilde e digna chegou sen facer ruído ao IES de Chapela no curso 2000-01, sen saber que vinte anos máis tarde Galicia lle rendería a máis prezada homenaxe que se lle pode ofrecer a quen escribe no noso idioma. Arroibaríase de saber que o Días das Letras Galegas está dedicado a súa figura, e faría unha listaxe de posibles candidatas e candidatos a ocupar o seu posto. Mais por mérito propio perténcelle esta honra a quen dixo poder escribir só desde muller, desde miope e desde galega. Si, chegou naquel 2000-01, e conquistounos a todas e a todos, con esa fermosura que só teñen as persoas boas e xenerosas. Longa vida ao teu verso, Xela!

Foto: Entroido 2001 – 4º ESO C (IES de Chapela)

8 de marzo de 2021 - O IES de Chapela pola Igualdade

Distribuir contido