Novas

Novidades Biblioteca - Febreiro 2018

O Berete - Xaneiro 2018

Xa temos aquí o último número da revista do EDLG e do Grupo de Biblioteca do IES Chapela, O Berete.
Se estás interesada ou interesado en participar no proximo número
podes atoparnos na Sala de titorías, fronte á biblioteca, todos os luns no 1º recreo.

Os ciclos de E. Infantil e APSD na Coruña

   

O pasado martes 23 de xaneiro o alumnado de 2º do CFGS Educación Infantil e de 1º e 2º do CFGM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron varios centros na comarca de A Coruña. O curso de 2º do CFGS en Educación Infantil coñeceu a Escola Infantil "A Caracola" en A Coruña e a Escola Bosque "Amadahí" en Oleiros. Por outra banda o alumnado de APSD diúrno visitou a Central de Teleasistencia da Cruz Vermella en A Coruña e o Centro de Promoción da Autonomía Persoal CPAP do IMSERSO en Bergondo. Foi un día longo e moi proveitoso para o alumnado e as súas profes acompañantes Olga Rey e Eva Fernández!!!

Entroido - 2018

Charla Frutífera

Continuamos co Plan Proxecta "Aliméntate ben". Despois de facer unha enquisa sobre os hábitos de consumo de froita do alumnado de 4º ESO e valorar os resultados, as alumnas e alumnos do 2º curso de Dietética, capitaneados pola sua profesora Ana Yáñez, impartiron unha “Charla frutífera” o pasado martes 16 de xaneiro na que salientaron a importancia de realizar unha alimentación equilibrada e variada e os beneficios do consumo habitual de froita na escola. E que mellor xeito de poñer en práctica o aprendido que degustando froita de tempada ao rematar á actividade? Máis fotos en PDF.

1º Educación Infantil visita os CEIPs

O pasado 23 de xaneiro o alumnado de 1º do CS de Educación Infantil conviviu cos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos dos colexios de Educación Infantil e Primaria da contorna: CEIP Laredo, CEIP Alexandre Bóveda e CEIP Igrexa (Chapela) e CEIP Frián de Teis (Vigo). A experiencia resultou estupenda, contamos contos, fixemos teatro de sombras, cantamos cancións, participamos en actividades de psicomotricidade e xogamos a todo o que os rapaces e rapazas nos ensinaron!!! Grazas a todos os colexios pola súa acollida e por deixarnos vivir unha experiencia tan lúdica e educativa.

Concerto Dúas e Exire - Santiago de Compostela

     
 
Os días 25 e 26 de xaneiro, arredor de 100 alumnas e alumnos de 2º ESO e 3º ESO, asistiron ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto Todo é percusión, interpretado polo dúo de percusión Dúas acompañado de dúas bailarinas de arte contemporánea, Exire. Dúas e Exire ofrecéronos unha selección de temas nos que xuntaron danza e percusión nunha perfecta simbiose que pretendía amosar os ritmos vitais que nos acompañan día e día. Deixámosvos un enlace onde podedes ver íntegro o espectáculo Todo é percusión. O Departamento de Música agradece o apoio da ANPA e o do propio IES Chapela para costear o transporte ata Santiago, ademais da participación na saída das profesoras Carolina e Ana Belén.   

Novidades Biblioteca - Xaneiro 2018

Concerto The Lollipops - Santiago de Compostela

 

Hoxe, 24 de xaneiro, o alumnado de música de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, asistiu ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto A Música Vocal, interpretado polo trío vocal As Lollipops, acompañadas do pianista Cristian Leggiero. As Lollipops está formado por tres voces femininas que interpretaron temas relacionados co swing, pop, rock and roll, gospel, soul, jive, R&B e mesmo rock alternativo. Deixámosvos un enlace da súa interpretación do tema Creep, de Radiohead.

Olimpíada Matemática Galega - 2018

   
       

Ania Lampón (2º Bach), Adrián Durán (1º Bach) e Uxío Albá (2º Bach), viaxaron ata Santiago no día de hoxe, 19 de xaneiro de 2018, para participar na Olimpíada Matemática Galega - 2018 que se celebra na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Desta fase galega, na que están presentes centos de alumnas e alumnos de toda Galicia, sairán os tres representantes para a LIV Olimpiada Matemática Española.

Ademais de pasar varias horas, mañá e tarde, tentando resolver problemas, Ania, Uxío e Adrián, puideron facerse unha idea de como funciona a vida nun campus e descubriron algún recuncho de Compostela guiados por todo un experimentado cicerone como é o profesor de matemáticas, Aldán Santamarina. Moita sorte e moitas grazas aos tres por representar ao IES Chapela.

Distribuir contido