Novas EDLG

O IES na TVG no programa Galicia Lipdub

O pasado sábado 7 de setembro pola tarde a TVG emitiu o programa Galicia Lipdub no que participou unha representación do IES de Chapela xunto con outras entidades culturais e deportivas do concello de Redondela.

Neste vídeo colocamos só os fragmentos nos que aparece o noso IES e o noso alumnado. Se queredes ver o programa enteiro, podedes facelo na web da TVG: 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/galicia-lipdub

 

 

A Banda do Patio - Rematou

Este xoves 13 de xuño de 2013 a comunidade educativa do IES de Chapela poderá gozar dunha nova actuación da Banda do Patio. Este grupo formado por alumnado da ESO interpretaranos durante o 2º recreo (12:10h) unha versión do tema de Ska-P «Rematou» no vestíbulo do centro. Para gravar a actuación e entrevistar á Banda do Patio contaremos coa presenza das cámaras do programa «De quen ves sendo?» da TVG.

 

 

 

EDLG: Miniserie MENSAXE RECIBIDA

 

 

 

 

Comezou a miniserie protagonizado polo noso alumnado.

Texto e actualización en tempo real ao longo da semana no  enderezo: http://mensaxerecibidaieschapela.blogspot.com.es/ 

Actividades do EDLG e Maratón

Rapgueifa 2013

venres 10 de maio a partir das 12:30

Feira do troco

   xoves 14 de maio 2º recreo

Maratón do Día das Letras Galegas

Celebración da XVII edición.

Colexio de Laredo. A partir das 10:30

EDLG: Exposición multilingüe / Roteiro polo Monte Penide - 2013

         

Exposición multilingüe

Do 3 ao 10 de maio na biblioteca. Libros en Aragonés, Aranés, Asturiano, Catalán, Euscaro, Galego, Portugués e Castelán.   BLOG EDLG

 

 

 

 

 

Roteiro Prehistórico polo Monte Penide

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 1º ESO do IES de Chapela coñeceu o valor arqueolóxico do noso monte grazas ao Roteiro Prehistórico polo Monte Penide organizado polo EDLG en colaboración co SNL do Concello de Redondela.

EDLG - Recitando Celso Emilio

Vídeo do recitado colectivo de Celso Emilio Ferreiro que fixemos o pasado 12/12/12.
         
 Montaxe completa    Recitado da Praia de Arealonga    Recitado na pista do IES

 

 

Viaxe a Porto organizado polo EDLG

Saída didáctica para intercambio territorial coa cidade de Porto dentro do Proxecto Terra.

Alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato os días 11 e 12 de abril de 2013

   

(Ribeira do Douro e Fundación Serralves)

O IES de Chapela no lipdub de Redondela

O domingo 7 de abril de 2013 volveron saír as camisetas do noso lipdub Eu Falarei para participar en Redondela, xunto con asociacións e colectivos do concello, na gravación dun lipdub para a TVG co tema «Dolores» de Lamatumbá. Dez estudantes, dous profesores e dúas nais, achegamos un berete a Redondela, onde acabamos loitando coa coca.

 

A Banda do Patio - Motosicleta man

Vídeo da inesquecible actuación da Banda do Patio do pasado 15 de marzo de 2013 co Motosicleta Man.

EDLG - Alborada para Rosalía

O luns 25 de febreiro  de 2013 ás 12:10h no vestíbulo do IES de Chapela o EDLG organiza unha homenaxe a Rosalía de Castro para conmemorar o seu nacemento no ano do 150 aniversario da publicación de Cantares GallegosInformación no BLog do EDLG

Xa podes ver o vídeo do acto.

Distribuir contido