Novas EDLG

Manuel Rivas no IES Chapela

O mércores 20 de marzo chegou Manuel Rivas a Chapela co son dunha buguina que nos mergullou no seu universo literario. Falounos das flores e das espiñas que conforman o que somos. Falou da súa familia, da súas vivencias de neno, e a través delas explicounos a función da literatura. Unha clase maxistral que permanecerá no recordo do alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato que asistiu ao acto organizado polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega por iniciativa do Concello de Redondela ao que ficamos agradecidas/os.

 

Manuel Rivas 2 Manuel Rivas 3
Manuel Rivas 1

Feira científica 2018-19

Para rematar coas actividades do Día da Ciencia en galego, hoxe 16 de novembro, celebramos no instituto a Feira científica "Non é maxia... é ciencia", na que colaboraron os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

A actividade foi conducida por alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, que explicaron os seus experimentos e proxectos a todo aquel que se achegou aos postos montados. Tamén contamos coa visita do alumnado dos colexios CEIP Igrexa e CEIP Laredo, que seguiron con moito interese as explicacións dos nosos científicos. Nova en Faro de Vigo.

Aquí tedes algunhas das imaxes da xornada:

 

 Feira científica 1 Feira científica 2 
 Feira científica 3  Feira científica 4
 Feira científica 5  Feira científica 6
 Feira científica 6  Feira científica 7
 Feira científica 8  Feira científica 9
 Feira científica 10  Feira científica 11
 Feira científica 13  Feira científica 12
CEIP Igrexa CEIP Laredo

Presentación sobre Domingo Fontán

Dentro dos actos polo Día da Ciencia en Galego, o pasado venres no vestíbulo do IES Chapela puidemos coñecer o importante traballo do xeógrafo e matemático galego Domingo Fontán grazas á interesante presentación do alumno de 2º ESO Aarón Bóveda Crespo.
Domingo Fontán, designado Científico Galego 2018 pola Real Academia das Ciencias, foi o autor en 1834 do primeiro mapa de Galicia realizado con medicións matemáticas cunha precisión extraordinaria para a época. Grazas a el Galicia contou durante moito tempo cun mapa máis preciso que o de calquera outro territorio do Estado Español.
Presentación Presentación

Mércores con música 2018

mércores con música

Verónica Salgueiriño no IES Chapela

 

A profesora do Departamento de Física Aplicada da UVigo, Verónica Salgueiriño Maceira ofreceu hoxe no IES Chapela a conferencia "A nanociencia en Galiza" dentro das actividades que o EDLG do instituto vén desenvolvendo para celebrar o "Día da Ciencia en Galego". Nunha conferencia dirixida ao alumnado de 2º e 3º ESO, a investigadora e profesora da UVigo falounos da actividade que desenvolve co seu grupo de investigación en torno aos materias magnéticos de escalas nanométricas, con aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas, medicinais... Verónica demostrou dabondo a importancia do traballo que está levando a cabo pero sobre todo transmitiunos tres ideas. En galego faise ciencia, como foi a súa conferencia impartida na nosa lingua. En Galicia faise ciencia, e ciencia punteira pese a que ás veces non contemos con todos os medios e inversións necesarias. As mulleres fan ciencia, e a súa invisibilidade e os escollos que teñen que superar a medida que avanzan na súa carreira profesional, docente e investigadora, deben ser derrubados. En Galicia, en galego, e unha muller, demostrounos que todo isto é posible. GRAZAS VERÓNICA!

Conferencia Xurxo Mariño

 

Os alumnos e alumnas de 4º ESO, 1º BACH, 2º BACH, 2º CM APSD, 2º CM Educación Infantil, 1º CM Farmacia e 1º CS Dietética asistiron á conferencia "As miñas linguas e eu", impartida polo científico e divulgador Xurxo Mariño. Esta conferencia está incluída dentro das actividades, que están a realizarse no instituto, para  a celebración do Día da ciencia en galego.
Xurxo Mariño Xurxo Mariño  
     

Día da Ciencia en galego

Cartaz Día da Ciencia en galego

1ª Xuntanza do EDLG

Mércores, 3 de outubro ás 10:10 - 1º Recreo - Sala de Xuntas

SonDaRúa no IES Chapela - 30 de maio

   
Hoxe, 30 de maio, tivo lugar o esperado concerto do grupo SonDaRúa no IES Chapela. Hugo Guezeta, Alex Arnoso e o seu compañeiro Marcos, non defraudaron e ofrecéronos unha hora de rap reivindicativo, combativo e comprometido co noso país e coa lingua galega. Tamén tiveron tempo a realizar un obradoiro co alumnado de 1º Bacharelato. Ánimo co voso traballo e unha forte aperta de toda a comunidade educativa.     

XXII Maratón das Letras Galegas - 2018 / Fotos

Pica na imaxe para acceder ás fotos da XXII Maratón das Letras Galegas

Distribuir contido