Novas EDLG

EDLG: A Hostia en Verso

Recital poético-ludico a cargo do grupo Poetas da Hostia, que tivo lugar o xoves 22 de maio de 2014 no pavillón de Chapela.

Actividades do EDLG

Martes 27 de maio ás 17:40:

gravación da ESCENA FINAL do videoclip TERRA.

Xoves 22 de maio:

POETAS DA HOSTIA no IES CHAPELA

 

 

NOVO APRAZADO POR MAL TEMPO ATA O MARTES 27

 

Mural de Rosalía

 

Desde  o 10 de marzo de 2014, Rosalía estará presente nos muros do IES de Chapela dando a benvida a quen entre no centro, mostrando o orgullo da parroquia de Chapela por ter unha lingua propia.


"Que cante Chapela na lingua que eu falo"

 

       
Foto recitando Recitadores/as Destapando o mural Grupo de traballo
       

Actividades do EDLG: Mural de Rosalía

O próximo luns 10 de marzo,  pola mañá no 2º recreo (12:10h), faremos a inauguración oficial do mural deseñado e realizado por alumnado de 3º da ESO (Iván Faro, Claudia Rivas, Anxo Jorge e Xoel Rodríguez) e coordinado polas profesoras Carmen Toro e Emilia Fernánez.

Temos tamén organizado para esa hora un recitado colectivo do poema "Has de cantar" (1º poema de Cantares Gallegos) no que participará alumnado representando a cada unha das 21 clases de diurno do instituto (ESO, Bacharelato e FP), xunto con representación do profesorado e de nais e pais do alumnado.

EDLG - Finalistas "Xoves con Música" - 2013

Xoves no 1º recreo da mañá e no recreo da tarde: gran final do concurso "Xoves con música" no que todas e todos votamos o videoclip preferido do IES Chapela.

Finalistas:

Roi Casal: Ninfa das frescas augas  

Dakidarría: Terra

GAÑADOR: DAKIDARRÍA Terra - Videoclip oficial

 

Feira do troco / 17-12-2013

O troco é un sistema de intercambio de obxectos onde o valor que lle damos ás cousas é o seu valor de uso, e non o do seu prezo. Se hai algún obxecto que a ti xa non che serve, podes trocalo porque pode resultar útil e interesante para outra persoa. Trocar é útil, porque: compartimos, reutilizamos, combatemos o consumismo e comerciamos sen cartos.

FOTOS do TROCO PDF

 

A banda do patio na TVG

Hai uns días  botaron na TVG o programa que viñeran gravar ao IES de Chapela no mes de xuño, no que sae a Banda do Patio e o alumnado que cursaba 4º da ESO. Aquí tedes o momento do programa no que saímos (menos de 4 minutos):

 

Picando podedes ver o programa enteiro e todos os concertos da Banda do Patio.

EDLG: Xoves con música

Comeza de novo a actividade dos Xoves con Música que ocupará o vestíbulo do IES todos os xoves de novembro e decembro durante o 1º recreo da mañá (10:10h-10:30h) e durante o recreo da tarde (19:40-20:00). Todas e todos podedes participar escoitando e votando os videoclips que máis vos gusten, que irán superando sucesivas roldas ata escoller o mellor videoclip de música en galego.

Información e cartel no Blog do EDLG

EDLG: Día da Ciencia en Galego - 2013

  

CONFERENCIA: O cambio climático na costa galega

Conferenciante: Xosé Antón Padín (IIM VIGO - CSIC)

Lugar: Sala de conferencias ás 12.30

Data: martes 5 de novembro

Alumnado: 4º ESO, 1º Bacharelato e CM Farmacia

Fotos do acto - PDF

O IES na TVG no programa Galicia Lipdub

O pasado sábado 7 de setembro pola tarde a TVG emitiu o programa Galicia Lipdub no que participou unha representación do IES de Chapela xunto con outras entidades culturais e deportivas do concello de Redondela.

Neste vídeo colocamos só os fragmentos nos que aparece o noso IES e o noso alumnado. Se queredes ver o programa enteiro, podedes facelo na web da TVG: 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/galicia-lipdub

 

 

Distribuir contido