Skip to Content

Festival Nadal 2014

Rematamos o trimestre coa celebración do festival de Nadal do que podedes ver un pequeno resumo neste enlace.

http://youtu.be/KgU6Jgc_JPM

 

 

AMNISTÍA INTERNACIONAL - CAMPAÑA STOP TORTURA - OBRADOIRO 2ESO

O día 10 de decembro de 2014 a sección de Santiago de Compostela de Amnistía Internacional tivo a ben colaborar co noso centro para impartir un obradoiro ó alumnado de 2ESO sobre a necesidade de erradicar a violación dun dereito humano fundamental: o de non ser torturada ou torturado.

CHARLA DA OFICINA DE COORDINACIÓN DE TRANSPLANTES (OCT)

O mércores 3 de decembro de 2014 tivemos o pracer de ter a dúas excelentes - Marta, que é a coordinadora da Oficina, e Lola que é unha persoa que recibiu un transplante -  conferenciantes para explicarlle ó noso alumnado de 2 BACH e da materia de Antropoloxía de 1 BACH todo o referente a doazón de órganos. O certo é que charla foi magnífica. Tanto é así que o alumnado non parou de preguntar e preguntar.

Na galería de imaxes temos testimonio gráfico do evento.

Moitas, moitas gracias Marta e Lola. Dende aquí o recoñecemento de toda a comunidade educativa do IES Arcebispo Xelmírez II pola vosa dedicación e entusiasmo.

 

Bulebule

Os Bulebule son un grupo música formado por rapaces de 1ºBach do IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) Este ano 2014 preséntanse ao Cantalingua coa súa primeira canción orixinal, composta e interpretada por eles: "Os sons que nos unen" Podes escoitala e votar por ela no seguinte ENLACE

Tamén podedes escoitar esta canción na nosa Galería multimedia

MULLERES E LITERATURA

Enlace ao blog da biblioteca, no que se poden ver dúas das presentacións realizadas por alumnado de 2º de bacharelato.

O último Nobel de Literatura foi gañado por unha  muller, Alice Munro. A partir deste feito, o alumnado de 2º de BAC de Literatura Universal investigou sobre o papel da muller na literatura. Como mostra dese traballo  podemos ver as  presentacións  de Pablo Rial e Iván Juncal.










--
Publicado por anacbalboa para MAR AO NORDE el 3/07/2014 07:48:00 p. m.

SABES POR QUE O 8 DE MARZO É O DÍA DA MULLER?

O 8 de marzo de 1857, un grupo de mulleres traballadoras na industria textil tomou a decisión de saír ás rúas de Nueva York para protestar polas precarias condicións nas que traballaban. Esta foi a primeira dunha serie de movilizacións que contribuiron a mellorar as condicións de traballo das mulleres.
 

 

Festival de Nadal 2013

O pasado venres 20 de Decembro tivemos a sorte de desfrutar co Festival de Nadal organizado polo alumnado e profesorado do IES Arcebispo Xelmírez II.

Tedes máis información e fotos no seguinte enlace ou na Galería multimedia do noso centro

Guía de nais e pais

Dende hoxe tedes a vosa disposición no seguinte enlace  a guía de nais e pais do curso 2013/2014.

Enlace

Concurso "Affiche ton français"

No concurso que por terceiro ano convocou a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (http://www.galigalia.eu) en colaboración coa Editorial Santillana ,"Affiche ton français" (o tema deste ano:  o cine francófono) a alumna de 3º ESO B,  Patricia Torreira Iglesias, acadou o primeiro premio na categoria de 2º ciclo de ESO. Noraboa!  

          

Carteis de promoción das actividades do centro

Publícanse os carteis elaborados no IES Arcebispo Xelmírez II para a promoción das actividades que se realizan no mesmo durante o curso escolar.

Na organización e realización das mesmas participan todos os departamentos do centro, así como numerosos equipos que funcionan no instituto (biblioteca, equipo de dinamización lingüística, grupo TIC, plan de actividades deportivas.....).

Esperamos que sexan do voso agrado.

Enlace ao blog da viaxe a París

Pinchade AQUÍ para acceder ao blog

Actividades do departamento de Física e Química na USC

Actividades do día da muller en "El Correo Gallego"

El Correo Gallego fíxose eco das actividades desenvolvidas no centro co gallo do día da muller, celebrado o 8 de marzo, na súa edición dixital.

Aquí está o enlace.

Tweets pola PAZ

Xa seleccionamos os mellores tweets pola PAZ enviados a @biblixel2 o pasado 30 de xaneiro.

Podedes velos no blogue da biblioteca. Noraboa aos seleccionados e ao gañador@!

Conferencias do IMELGA

O día 26 de xaneiro de 2013 o periódico "El Correo Gallego" publicou un artigo sobre as conferencias do IMELGA celebradas no noso centro

Enlace


Distribuir contido


by Dr. Radut