Skip to Content

Concentración e guía de lecturas contra as violencias #25N

Ao longo destes días continuamos co desenvolvemento das actividades en relación co Día internacional contra a violencia de xénero, que comezamos a pasada semana cunha serie de charlas-coloquio organizadas polo departamento de filosofía. En particular, para o día de mañá 23 de novembro, en colaboración coa Federación de ANPAS de Compostela, temos prevista unha concentración no patio da entrada ás 12:10 h coincidindo co segundo recreo.  Se a situación meteorolóxica é adversa, a concentración trasladarase ao vestíbulo do centro.

Ademais, no marco da campaña "En negro contra as violencias" a Federación de ANPAS de Compostela elaborou unha guia de lecturas que se repartiu en papel entre o alumnado e o profesorado do centro e que queda a disposición de toda a comunidade educativa, para a súa descarga, na ligazón ou premendo na imaxe deste artigo.

Máis información | Guía de lecturas



story | by Dr. Radut