Skip to Content

Concurso "Affiche ton français"

No concurso que por terceiro ano convocou a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (http://www.galigalia.eu) en colaboración coa Editorial Santillana ,"Affiche ton français" (o tema deste ano:  o cine francófono) a alumna de 3º ESO B,  Patricia Torreira Iglesias, acadou o primeiro premio na categoria de 2º ciclo de ESO. Noraboa!  

          

Carteis de promoción das actividades do centro

Publícanse os carteis elaborados no IES Arcebispo Xelmírez II para a promoción das actividades que se realizan no mesmo durante o curso escolar.

Na organización e realización das mesmas participan todos os departamentos do centro, así como numerosos equipos que funcionan no instituto (biblioteca, equipo de dinamización lingüística, grupo TIC, plan de actividades deportivas.....).

Esperamos que sexan do voso agrado.

Enlace ao blog da viaxe a París

Pinchade AQUÍ para acceder ao blog

Actividades do departamento de Física e Química na USC

Revista escolar

Actividades do día da muller en "El Correo Gallego"

El Correo Gallego fíxose eco das actividades desenvolvidas no centro co gallo do día da muller, celebrado o 8 de marzo, na súa edición dixital.

Aquí está o enlace.

Tweets pola PAZ

Xa seleccionamos os mellores tweets pola PAZ enviados a @biblixel2 o pasado 30 de xaneiro.

Podedes velos no blogue da biblioteca. Noraboa aos seleccionados e ao gañador@!

Conferencias do IMELGA

O día 26 de xaneiro de 2013 o periódico "El Correo Gallego" publicou un artigo sobre as conferencias do IMELGA celebradas no noso centro

Enlace


Concurso: Onde é?

A alumna Patricia Torreira Iglesias de 3º ESO B resultou premiada no concurso convocado polo EDLG para 3º e 4º da ESO: Onde é?

Concurso de lectura do mes de outubro

Os alumnos José Manuel Pérez Varela e Xabier Fernández García resultaron premiados no concurso de lectura do mes de outubro para o 1º ciclo sobre o libro "Das cousas de Ramón Lamote" convocado polo EDLG coa colaboración da B.e.

Guia de Nais e Pais 2012-2013

Dende o seguinte enlace podedes acceder á Guía de Nais e Pais para o curso 2012-2013.

Premio de El Correo Gallego ao noso centro na Carreira Pedestre

Parabéns ao alumnado do Centro que participou na Carreira Pedestre convocada por El correo gallego porque gañaron o terceiro premio. E felicitacións tamén ao profesorado de Educación Física  que, seguro, ten bastante que ver con eses resultados. Na fotografía, o  director, José Luis Martín, recollendo a placa conmemorativa con que se agasallou ao instituto.

Concurso "Affiche ton français"

No concurso que por segundo ano convocou a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (http://www.galigalia.eu) en colaboración coa Editorial Santillana e TV5 Monde, "Affiche ton français" dúas alumnas participantes, Laura Mansilla e Carme Celia Pérez, acadaron un 1º e 3º premio.

   

RESULTADOS NA SELECTIVIDADE. XUÑO 2012.

O noso centro acadou na convocatoria ordinaria das PAU un resultado excelente:

100% de aptos

Noraboa a todos

Distribuir contido


by Dr. Radut