Premio de El Correo Gallego ao noso centro na Carreira Pedestre
Parabéns ao alumnado do Centro que participou na Carreira Pedestre convocada por El correo gallego porque gañaron o terceiro premio. E felicitacións tamén ao profesorado de Educación Física que, seguro, ten bastante que ver con eses resultados. Na fotografía, o director, José Luis Martín, recollendo a placa conmemorativa con que se agasallou ao instituto.