Skip to Content

"Toda unha vida no ensino". Entrevista á nosa compañeira Elvira Cienfuegos (La Voz de Galicia)

Enriquecedora e moi divertida, así foi a nosa experiencia na Feira de Proxectos de Piteas

A piques de rematar o curso chega o momento de compartir experiencias dos proxectos desenvolvidos ao longo do mesmo. Como moitos de vós xa sabedes o noso IES está formando parte do programa Piteas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela.

Neste ano académico desenvolvimos, co alumnado de 1º ESO, un ambicioso proxecto orientado á mellora das instalacións e do clima de convivencia no centro e na tarde do venres 9 de xuño participamos, xunto cos outros 7 centros que forman parte do programa, na Feira ideada para expoñer e compartir proxectos, na Cidade da Cultura. No noso stand, a maqueta de redeseño das aulas foi unha das grandes protagonistas.

II Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Ceremonia de entrega de premios

O pasado venres tivo lugar no IES Arcebispo Xelmírez II a ceremonia de entrega dospremios Ofelia Devesa de Educación Activa 2016-2017. A temática do premio, xa na súa segunda edición, foi neste curso a divulgación de experiencias innovadoras. Durante a gala de entrega de premios, proxectáronse no salón de actos do centro os videos presentados polo alumnado participante, antes de comunicar os nomes dos gañadores e proceder á entrega de diplomas.

Xunto coas alumnas e os alumnos premiados, na imaxe sobre estas liñas, de esquerda a dereita: Manuel Otero Raña, profesor xubilado do IES Arcebispo Xelmírez II; Moisés Iglesias González, profesor de tecnoloxía e coordinador TIC do centro: Ana María Carbajo Regueiro, experta en deseño gráfico e multimedia e exalumna do centro; Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Complutense de Madrid, exalumno do Instituto Arcebispo Xelmírez e promotor do premio; Ana María Alonso Rodríguez, directora do centro; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Manuel Dios Diz, Concelleiro de educación e cidadanía de Santiago de Compostela.

Finalmente os alumnos e alumnas premiados foron: 

O noso equipo de dinamización lingüística premiado no concurso de fotos para #quesevexaogalego

Onte rematou o prazo de publicación de fotos en Twitter para participar no concurso #quesevexaogalego da CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.  

O noso equipo de dinamización lingüística, coa súa conta @Fala_X2 na que podedes ver todas as fotos, resultou premiado pola súa participación. En grande medida o éxito debémosllo ao alumnado de 1º ESO que foi a máis entusiasta aportando frases e fotos. 

Graduación Promoción 2011-2017

O venres 19 de maio, no Auditorio de Abanca, celebramos o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato, da promoción 2011-2017. Parabéns á comunidade educativa do Arcebispo Xelmírez II!

 

Publicación de listaxes das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

Publicadas as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria:

 Así mesmo, estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria ( http://www.edu.xunta.es/axudasle ).

"En galego sen cancelas" participamos no Correlingua 2017... e con premio!

O alumnado de 1º ESO, da man do equipo de dinamización lingüística do centro, participou esta semana no Correlingua 2017. Baixo o lema "En galego sen cancelas" camiñaron, cantaron en bailaron como eles mesmos contan no blogue FalaX2. Ademáis gañaron o 2º premio no concurso de pancartas para animar a celebración. 

Na imaxe baixo estas liñas podedes ver algúns alumnos e alumnas, na praza da Quintana, recibindo o premio. Sobre estas liñas, o video, creado polo equipo de dinamización, resumo da experiencia.

Vista do alumnado de 2º ESO á Casa das Ciencias de A Coruña

Cerrando a semana que mais actividades complementarias e extraescolares concentra no noso IES, o alumnado de 2º ESO visitaba hoxe a Casa das Ciencias de A Coruña. A visita comenzou coa visualización no planetario da película "Da Terra ao Universo", un espectacular viaxe de 30 min no tempo e no espazo, e coa explicación do ceo de primavera que poderemos do que poderemos disfrutar esta noite con visualización en tempo real.

Charla de emprendemento TIC por Daniel Seijo, CEO de Menéame, fundador de Diariomotor e exalumno do centro

Continuando cunha semana frenética en actividades complementarias, hoxe tivemos no centro unha visita moi especial. Daniel Seijo, ademáis de CEO de Menéame, fundador de Diariomotor e artífice de outros moitos proxectos de emprendemento TIC, é exalumno do IES Arcebispo Xelmírez II e, polo tanto, estivo moitas veces sentado escoitando charlas na mesma sala na que hoxe o recibía a él o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC.

Visita do alumnado de tecnoloxía ao parque eólico experimental de Sotavento

O martes 4 de abril o alumnado da materia de tecnoloxía de 3º e 4º ESO e de 1º BAC realizou una visita ao parque eólico experimental de Sotavento. Despois dunha breve introdución teórica ao concepto de enerxías renovables e as súas vantaxes, pasamos a vistar a vivenda bioclimática e un aeroxerador por dentro.

IKEA impartiu un taller sobre a realización de proxectos de interiorismo ao alumnado de 1º ESO

No marco do programa PITEAS para o desenvolvemento do talento nas aulas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa Fundación Barrié, no que está integrado o noso centro; o alumnado de 1º ESO recibiu o luns 3 de abril a visita dun equipo de IKEA A Coruña que impartiu unha charla-taller sobre "Cómo realizar un proxecto de interiorismo".

III Semana I+I+D

Poñemos en marcha o noso Club de Ciencia: "ImAXIInacción"

Hoxe recibimos a confirmación de que o noso centro resultou seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar no programa piloto de innovación educativa "Club de Ciencia".

Olimpiada de Filosofía de Galicia

A nosa alumna de 4º ESO B,  Leila Fernandez Castro , é finalista en Disertación Moral.

O próximo venres, día 17, defende a súa tese.

Parabéns, Leila!

 

Conferencia de Anxel Carracedo no IES Arcebispo Xelmírez II (La Voz de Galicia)

Distribuir contido


by Dr. Radut