Skip to Content

CALENDARIO DE MATRICULA CURSO 2018-19

CALENDARIO DE MATRICULA CURSO 2018-19   

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO

Prematrícula: Do 11 ao 15 de xuño.

Prazo ordinario : Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Prazo extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro. 

Graduación da promoción 2012-2018

O pasado venres 18 de maio, celebramos o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato, da promoción 2012-2018. Deixámosvos a foto de grupo coas titoras de recordo. Parabéns!

Instrucións para o desenvolvemento do curso académico 2018/2019

Xúntase a Resolución do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para o curso escolar 2018/2019

As familias poderán solicitar a partir de mañá as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, ou ben participar no Fondo Solidario de Libros de Texto.

Achégase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2017/2018

Xúntase a Orde do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.

ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

Máis información | CCEOU

Calendario de fin de curso para 2º de Bacharelato

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 17-18 para 2º de Bacharelato. Hoxe, día 14, foi o último día de clase, nos próximos días realizaranse probas de avaliación escritas e a entrega de notas terá lugar o vindeiro martes 22 de maio.

Despois do período de reclamacións, entre os días 24 e 28 de maio realizarase a prematrícula de ABAU no centro.

Listaxe de admitidos e vacantes actualizadas para o vindeiro curso 2018-2019

Achegamos nos ficheiros adxuntos a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso e a listaxe de vacantes actualizada cos datos de reserva e admisión.

Recordade que podedes consultar toda a información relacionada co curso 2018-2019 no correspondente apartado desta páxina web ou contactando coa secretaría do centro.

Oferta Educativa

A oferta educativa do centro é a seguinte:

Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

Na etapa de educación obrigatoria, en 4º o alumnado pode elixir a orientación as ensinanzas académicas (cara ao Bacharelato) ou aplicadas (cara a Formación Profesional).

Bacharelato

Despois do ensino obrigatorio o alumnado ten a posibilidade de realizar no centro o Bacharelato que consta de dous cursos coas seguintes modalidades para elixir.

- Ciencias

- Humanidades

- Ciencias Sociais

Desde o curso 2018/2019 tamén se imparte no noso centro o Bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía. STEMBach 

No seguinte enlace podes acceder á oferta de optativas por nivel. Formulario de matrícula.

 

 

Protagonistas en La Voz de Galicia na nova sobre o Correlingua de Santiago de Compostela

ABAU 2018. Convocatoria de matrícula

Mañá mércores 9 de maio ábrese o prazo de matrícula anticipada para a convocatoria ordinaria de xuño de 2018 da proba ABAU para o alumnado que xa estea en posesión do título de Bacharelato. Para o alumnado que cursa 2º de Bacharelato neste ano académico o prazo de prematrícula será do 24 ao 28 de maio.

Toda a información de datas e procedementos podedes consultala no ficheiro adxunto que corresponde á convocatoria de matrícula.

Participamos no lanzamento á estratosfera da cápsula MarumaSat III no IES Maruxa Mallo

Onte, luns 7 de maio, participamos no lanzamento á estratosfera da cápsula MarumaSat III. Este foi o terceiro lanzamento da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA) creada polos IES Maruxa Mallo (Ordes), Miraflores (Oleiros) e Marco do Camballón (Vila de Cruces). Parte do alumnado do noso Club de Ciencia, ImAXIInacción, asistira xa o pasado mércores día 2 ao ensaio con globo cautivo e tamén colaborou no lanzamento e seguemento da sonda.

Reclamacións 2º Bacharelato

Circular nº 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, polo que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación para o curso 2017-18.

"Derrocando o estigma: implicacións do Trastorno Obsesivo Compulsivo", recibimos a visita de María Tubío Fungueiriño

O pasado venres 20 de abril, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato recibiu a visita de María Tubío Fungueiriño, psicóloga doctoranda que investiga no grupo do CIMUS "Genomics and bioinformatics". A investigadora impartiu unha charla titulada "Derrocando o estigma: implicacións do Trastorno Obsesivo Compulsivo".

Charla do neto do sindicalista galego Marcial Villamor para o alumnado de Valores Éticos e Historia do mundo contemporáneo

O pasado xoves 12 de abril, recibimos no centro a visita de Manuel Marcial San Martín Villamor; neto de Marcial Villamor, sindicalista veciño do barrio de Sar  (Santiago de Compostela) que foi asasinado no ano 1937.

ABAU 2018. Instrucións para a realización das probas

Xúntase a Resolución do 27 de marzo de 2018, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19:

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2018

Recordade que podedes consultar toda a información relacionada coa realización das ABAU neste ano académico no apartado correspondente na web do IES Arcebispo Xelmírez II e na web da CIUG (http://ciug.gal/).

Distribuir contido


by Dr. Radut