Skip to Content

Uxía León 3º premio de narración na XLVI edición dos Minerva

Parabéns á nosa alumna Uxía León Fernández polo 3º Premio acadado na XLVI edición dos Premios Literarios Minerva, pola súa narración titulada "Itinerante".

 O acto literario de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 5 de abril, ás 17:00 h, no salón de actos do Colexio M. Peleteiro. Nel actuará como mantedora a escritora e académica da Real Academia Galega Dª Fina Casalderrey

O pasado xoves, 1 de marzo reuniuse o xurado encargado de fallar os Premios Literarios Minerva na súa XLVI edición, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente.

Entre un total de 221 traballos presentados, 147 na modalidade de narración e 74 na de poesía, resultaron finalistas 36 narracións e 22 triloxías poéticas. Entre as primeiras, a da nosa alumna de 2º de Bacharelato Uxía León que acadou o terceiro premio na súa categoría.

Xa no mes de abril, no acto de entrega, os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá integramente os traballos, tal como se vén facendo nos últimos anos, e que será editado polo Colexio M. Peleteiro.

Máis información | Colexio Manuel Peleteiro



story | by Dr. Radut