Skip to Content

O alumnado de psicoloxía de 2º BACH recibiu a visita da investigadora Montse Fernández Prieto

O pasado venres 17 de novembro o departamento de filosofía do noso centro organizou un encontro entre o alumnado da materia de psicoloxía de 2º de bacharelato e a investigadora Montse Fernández Prieto da Fundación Ramón Domínguez e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.

O título da charla que a investigadora impartiu ao alumnado foi: "Un exemplo de investigación en psicoloxía no Grupo de Medicina Xenómica da USC: o trastorno de espectro autista". O obxectivo foi o de ilustrar os distintos momentos no proceso de obtención de coñecemento científico dentro dun grupo multidisciplinar empregando o exemplo real desta investigación que están a desenvolver no seu grupo de traballo. 

Aproveitamos a ocasión para agradecer a Montse o seu tempo para charlar co noso alumnado e para responder ás súas preguntas en relación co tema.

Máis información | Fundación Ramón Domínguez e Grupo de Medicina Xenómica



story | by Dr. Radut